Skip to Content

CEIP Virxe da Barca - Rúa Enfesto, 13, 15124 Muxía  (A Coruña) - 881880794

ENGLISH FOR 1 PRIMARY

Hi Kids!!!

How are you? Espero que estedes todos ben e que sigades facendo cousiñas na casa para non perder o ritmo.

Envíovos un conto en Inglés que seguro que todos coñecedes.

A ver que vos parece....

Pulsade na imaxe para velo.

 

Tamén vos deixo unha ficha para recordar NUMBERS AND COLOURS.

Se queredes cando a rematedes podedes enviarma ao meu correo para que a poda ver e correxir.

O meu correo é lidia.calvelo.reyes@edu.xunta.gal

Pulsa na imaxe para descargar a ficha.

 

I hope to see you soon!!!! espero vervos pronto

Bye!!!

Lidia

DÍA MUNDIAL DA VOZ

O noso Equipo de Orientación e en especial a especialista de Audición e Linguaxe, recórdanos que o día 16 de abril se celebrou o Día Mundial da Voz, co obxectivo de crear conciencia sobre a importancia do seu coidado. Aquí tedes unhas pautas e recomendacións.

Adxúntase tamén un taller de estimulación da linguaxe que podemos levar a cabo dende as nosas casas e que se visualiza cun clic na imaxe.

CON AGARIMO, ESTE VÍDEO PARA TODOS VÓS!

CLIC ENRIBA DA IMAXE PARA VISUALIZAR.

Actividades Educación Infantil 4 anos

Aquí van unhas fichas de lectoescritura e lóxica-matemática para que non se olviden do aprendido. Pincha en cada imaxe para descargalas.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut