O vindeiro mércores día 20 de novembro de 2024, en horario de 09:30 a 14:30 horas, terá lugar a votación para a elección dos representantes de nais, pais ou titores/as legais do alumnado no Consello Escolar do centro. Para participar na referida votación, teranse en conta as seguintes consideracións:
1. Quen pode votar
Teñen dereito a voto todos os pais, nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no centro que figure no censo aprobado previamente pola Xunta Electoral e tras a súa exposición pública reglamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar os dous.
2. Modo de emitir o voto
a) O voto será directo, secreto e non delegable.
b) Os modelos de papeletas da votación serán, obligatoriamente, os fixados previamente pola Xunta Electoral do Centro, e que estarán dispoñibles no local de votación mentres esté aberta a mesa electoral.
c) Nas referidas papeletas figuran os nomes dos candidatos/as por orde alfabético de apelidos e cada elector deberá marcar cunha cruz un máximo de dous nomes das candidatas ou candidatos relacionados, debendo acreditar a súa identidade no momento de votar mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.
d) Finalizada a votación procederase ao acto de escrutinio de votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.
A dirección do centro anima a todas as nais e pais e titores/as legais do alumnado a que participen na votación do vindeiro mércores, como unha forma máis de colaboración na organización do centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de nais e pais no Consello Escolar.