Skip to Content

O CENTRO RESULTA SELECCIONADO PARA DESENVOLVER O PROGRAMA EDIXGAL

O CEIP Virxe do Corpiño resulta seleccionado para implementar o Proxecto de Educación Dixital (EDixgal) a partir do vindeiro curso 2021/2022.

·  O alumnado de quinto e sexto de primaria cursará todas as materias en modalidade dixital, sen empregar libros en papel.

·  Para iso, as aulas serán dotadas con encerados dixitais interactivos e cada alumno/a recibirá un ordenador portátil para o seu emprego na aula e na casa durante todo o curso.

·  As nosas familias veranse beneficiadas cunha maior alfabetización dixital na súa contorna próxima ademais dos aforros en custos nos materiais educativos.

·  Novo paso adiante do noso centro en materia de innovación educativa cunha incorporación decidida das novas tecnoloxías ao proceso de ensino e aprendizaxe.

LISTA PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2021/2022

Publicada a LISTA PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2020/2021 no taboleiro interior de anuncios do colexio. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.

 

A información sí chegará ás familias interesadas a través do medio que marcaron na solicitude para a recepción da resolución (electrónico ou postal).

 

Dada a incomodidade que a consulta presencial pode ocasionar para as familias, máis na situación de Alerta Sanitaria por COVID-19, querémosvos trasladar que a totalidade do alumnado que presentou solicitude de admisión no noso centro está admitido provisionalmente.

CREAMOS O NOSO PROPIO BOSQUE

 

Nun espazo de 2.600 m2 dentro do noso patio, plantamos arbustos e árbores autóctonas para crear un ecosistema no que xogar e experimentar coa natureza, unha acción enmarcada no programa de innovación educativa “Club de Letras”. Ademais servirá de refuxio e dará alimento a outras especies como as aves: águias, merlos, halcóns, gorrións… son indicadores da boa saúde da contorna.

 

O noso bosque (castaños, carballos, freixos, bidueiros…) xera un espazo para a experimentación natural e un ágora ao aire libre onde desenvolver asambleas, xogo tranquilo ou dar clases. O espazo está pensado para crear un patio máis dinámico e diversificado, xerando novos recunchos onde desenvolver outro tipo de actividades, fomentando outro tipo de movemento e incentivando o seu contacto coa natureza.


Contaremos cunha zona específica con máis de 25 especies de plantas aromáticas (tomiño, romeu, lavanda…) que se poden tocar e ulir. Os perfumes son máxicos e transportan a nenos e maiores a mundos afastados, facendo do noso bosque un lugar vasto e exótico. Os aromas das plantas convidan ao paseo e ao descubrimento sensorial. Ademais, polo medio do bosque crearemos un paseo de texturas (área, pedras, follas…), para que os nenos experimenten cos seus propios pés. É toda unha homenaxe aos sentidos.

 

O profesorado tamén dispoñerá dun novo espazo no que desenvolver actividades pedagóxicas fóra da aula, estimulando a creatividade e curiosidade do alumnado e ofrecendo a posibilidade de gozar do aire libre e a experimentación natural, adentrándonos de cheo na metodoloxía das “Escolas-Bosque”, orixinaria de Dinamarca.

 

Unha posibilidade que cobra agora máis sentido que nunca, debido aos beneficios que ofrece o aire libre á hora de ofrecer unha contorna segura ante o COVID-19.

MATRÍCULA 2021/2022

 

Horario de Atención ao Público

Luns a venres: 09:30 – 16:00

 

ADMISIÓN ALUMNADO | Curso 2021/2022

 

CALENDARIO

Do 1 de marzo

ao 22 de marzo

 

Presentación de Solicitudes de Admisión

Modelo ED550B

23 de abril

 

Publicación da Lista Provisional

Do 26 de abril

ao 3 de maio

 

Presentación de reclamacións á Lista Provisional

14 de maio

 

Publicación da Lista Definitiva

Do 21 de xuño

ao 30 de xuño

 

Formalización da Matrícula

 




MÉTODOS DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

Papel

 

·    

Impreso ED550B

·    

Anexo II (Comprobación de datos)

·    

Libro de Familia ou DNI

Aplicación

Admisión Alumnado

 

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

Sede Electrónica

Xunta de Galicia

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B

RESERVA DE PRAZA 1º DE ESO

RESERVA DE PRAZA 1º ESO

 

O alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Virxe do Corpiño ten preferencia na reserva de praza para 1º da ESO no IES Río Miño de Rábade. Para facela efectiva deberá presentar:

 

SOLICITUDE TELEMÁTICA a través da Sede Electrónica accedendo a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)

  

SOLICITUDE PRESENCIAL no despacho de dirección do colexio en horario de 10:30 a 12:00 (Deben entregala os pais/nais ou titores legais).

 

- Instruccións praza ESO aquí 

Solicitude admisión ESO en Castelán  aquí 

Solicitude admisión en Galego aquí 

COMO PODEMOS ACCEDER Á AULA VIRTUAL DO COLE?

O equipo TIC do noso cole elaborou este pequeno titorial de acceso á nosa aula virtual. Agardamos que sexa o máis proveitoso para todos e todas!

 

CALENDARIO ESCOLAR 2020/2021

Pódese descargar o calendario escolar correspondente ao presente curso 2020/2021 premendo --> AQUÍ

MAGOSTO 2020

Este vindeiro venres día 6 de novembro celebraremos na escola a festa do outono por antonomasia: O Magosto.

Será unha xornada na que os nenos/as disfrutarán de xogos populares, e do tradicional magosto que, por motivos de seguridade, realizaremos separados en grupos de convivencia estable.

Pedimos a vosa colaboración para que cada neno/a achegue antes do venres unha bolsiña cun puñado de castañas xa picadas.

Moitas grazas, unha vez máis, pola vosa axuda.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

Durante o curso 2020/2021, o horario de atención ao público tanto presencial como telefónicamente será o seguinte:

 

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
DE 09:30 A 11:20 DE 09:30 A 11:20 DE 10:25 A 11:20 DE 09:30 A 10:25 DE 10:25 A 11:20

 

Fóra deste horario, a atención ao público quedará supeditada á existencia dun/a mestre/a de garda dispoñible no momento no que se comuniquen coa escola.

Recordamos que existen medios de comunicación alternativos como o correo electrónico: ceip.virxe.corpinho@edu.xunta.gal ou a aplicación Abarlar Móbil.

SAMAÍN 2020

 

Estimadas familias: 

Como sabedes, achégase a festa máis terrorífica do ano: o Samaín. No colexio xa estamos comezando cos preparativos e precisamos da vosa inestimable colaboración. 

Para axudarnos coa ambientación propoñémosvos unha actividade para realizar en familia: decorar unha cabaza e que os nenos/a a traigan ao cole ao longo da semana próxima. A cabaza máis orixinal de cada clase levará un premio. 

A celebración do Samaín no colexio terá lugar o vindeiro venres día 30 de outubro. Ese día os nenos/as que o desexen, poderán vir caracterizados ao colexio con disfraces relativos ao Samaín.

Durante ese día, levaremos a cabo diferentes talleres, funcionando en grupos burbulla e coas mesmas medidas establecidas no protocolo de adaptación ao COVID-19: cociña terrorífica, manualidades de Samaín, contos de medo, Teatro do terror...

Distribuir contido


by Dr. Radut