Primaria

Entroido 2022

Boa tarde,

Aquí vos deixamos este vídeo da celebración do Entroido. Preme na imaxe para velo!

Coplas para o entroido

 

Coa música de TERRA - Tanxugueiras

 

Ailaralalá

O entroido chega.
Ailaralalala

con orgullo vai.

Ailaralalá

cos nosos disfraces
Ailaralalala

 

De volantes de Chantada

de madamas e galáns

e tamén de peliqueiros Infantil
viva o tradicional.

Viva o tradicional

viva o tradicional,

Viva Galiza.

 

Pola mañá saen os vellos

cos gatos a pasear,

pero pola noite festa

unha rumba van bailar. 3º primaria

Unha rumba van bailar,

unha rumba van bailar,
pola noite festa.

 

Ailaralalá
na Costa da Morte
Ailaralalá
o polbo e o mar.

Ailaralalá                 1º primaria
son de calidade
Ailaralalá
O mellor que hai.

 

Esta noite cearemos

filloas, grelos, lacón

e tamén nos fartaremos

de churrasco e xamón.     2º e 5º primaria

De churrasco e xamón,

de churrasco e xamón.

Esta noite cearemos.

 

Ailaralalá
veñen camiñando.
Ailaralalá
son os peregríns.  4º primaria

Ailaralalá
andan sen descanso.
Ailaralalá
chegan ata o fin.

 

 

Ailaralalá
falla a cobertura.
Ailaralalá
no medio rural.        6º primaria

Ailaralalá
A xente gandeira
Ailaralalá
é fenomenal


Aí veñen, Aí veñen
Veñen pra quedar                baile
O entroido do Euxenio

está a desfilar.

 

Está a desfilar,

está a desfilar.

O entroido do Euxenio
vaino petar.

 

 

Está a desfilar

Está a desfilar

Está a desfilar

 

Está a desfilar

Está a desfilar

Está a desfilar aturuxo

 

 

 

Ailaralalá

O entroido chega.
Ailaralalala

con orgullo vai.

Ailaralalá

cos nosos disfraces
Ailaralalala

Imos desfilar.

 

Ailaralalá

O entroido chega.
Ailaralalala

con orgullo vai.

Ailaralalá

cos nosos disfraces
Ailaralalala

Imos desfilar.

 

 

Mandados do Meco

Bos días!

Como a semana que vén celebramos o Entroido, deixámosvos aquí os mandados do Meco para que os poidades consultar.

 

15 DE FEBREIRO

AO LONGO DA XORNADA, O ALUMNADO COLOCOU NA REIXA LAZOS AMARELOS PARA CONTRIBUIR NESTE DÍA.

ADEMAIS DENDE A FUNDACIÓN ALADINA PEDIRON QUE O ALUMNADO VIÑERA CUN PANO NA CABEZA PARA RENDIR HOMENAXE AO NENOS/AS E ADOLESCENTES QUE A CAUSA DO CANCRO E OS SEUS TRATAMENTOS PERDEN O PELO

 

 

 

O CEIP EUGENIO LÓPEZ DESEXA...

Preme na postal para ver como celebramos o Nadal no CEIP Eugenio López.

VISITA APALPADOR!

PREME NA IMAXE PARA VER A VISITA DO APALPADOR AO COLE!

 

Entrevista do alumnado de 6ºA a un grupo de arqueólogos españois en Exipto.

Con motivo do proxecto trimestral que estivemos levando a cabo o alumnado de 6ºA sobre unha civilización tan interesante como é a do "Antigo Exipto", queremos compartir con vós un dos produtos resultantes da nosa investigación. Trátase dunha entrevista que tivemos a oportunidade de realizar a un grupo de arqueólogos e exiptólogos que, durante estes meses, se atopaban excavando en Luxor.

Estes expertos forman parte da Misión Arqueolóxica Española do Instituto de Estudos do Antigo Exipto que está na súa XIII Campaña do Proxecto Visir Amen-Hotep Huy, polo que, aproveitamos para preguntarlles algunhas dúbidas que nos foron xurdindo así como cuestións concretas da labor que estiveron desempeñando.

Esperamos que o disfrutedes e aprendades tanto coma nós.


Día da discapacidade (3 de decembro)

Polo día 3 de decembro, no que se celebra o Día da discapacidade, o noso alumnado de 6º A manda unha mensaxe moi importante a fin de reivindicar a inclusión en calquera ámbito (social, educativo e laboral) de todas aquelas persoas que presentan algún tipo de discapacidade. Por iso, NÓS APOSTAMOS POLA INCLUSIÓN

Día da discapacidade (3 de decembro)

Powered by Drupal - Design by artinet