ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO AO CONSELLO ESCOLAR CIRCULAR INFORMATIVA
ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS
OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO AO CONSELLO ESCOLAR
CIRCULAR INFORMATIVA
De acordo coa Convocatoria do día 30 de outubro, o próximo día 19, martes, en horario de 9:30 a 15:30 horas, celebrarase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do Colexio. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:
1º.-Quen pode votar.
Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral e tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.
2º.- Modo de emitir o voto.
a) O voto será directo, secreto e non delegable.
b) Os modelos de papeletas e sobres da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.
c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos, por orde alfabética de apelidos e cada elector deberá marcar cunha cruz un máximo de 2 nomesdas candidaturas relacionadas, debendo acreditar a súa identidade no momento de votar, mediante a presentación do DNI ou documento similar.
d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.
A dirección deste Colexio anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen na votación do próximo martes, 19 de novembro como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais/nais ou titores legais no Consello Escolar.
Cee,30 de outubro de 2024