ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES SECTOR DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR
ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR CONVOCATORIA
De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria (DOG do 18 de setembro), aXUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar,SECTOR DE PAIS, NAIS E TITORES/AS LEGAIS DE ALUMNOS/AS, segundo as seguintes normas:
1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 3 pais/nais1, dun total de 5 que debe ter o Consello Escolar. Os outros 2 representantes de pais/nais ou titores/as legais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2022.
2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día 30 de outubro está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata o mércores, día 6 de novembro.
3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. As candidaturas poderán ser presentadas do 1 ao 8 de novembro.
4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais/nais ou titores legais que non se presenten como candidatos, o día 11 de novembro, ás 13:00 horas. Dita mesa electoral estará composta pola Directora do Centro, que actuará como Presidenta, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario/a o/a de menor idade.
5.- A campaña electoral comprenderá dende o 11 ao 17 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición á presidenta da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio. O día 18 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.
6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais/nais ou titores legais dos alumnos/as matriculados/as no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola sinatura de 10 electores.
7.- As votacións realizaranse neste Colexio Público o día 19 de novembro, desde as 9:30 horas ata as 15:30 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 9:15 horas.
8.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo 2 nomes2 dos/as candidatos/as presentados/as, debendo acreditar a súa identidade ao momento de votar, mediante presentación do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.
9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal dos alumnos.
10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.
11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.