INICIO COMEDOR ESCOLAR 2022-2023

Estimados pais, o comedor escolar é un servizo complementario de carácter educativo que, ademais de servir á administración educativa como factor importante para a escolarización, tamén desenvolve unha destacada función social e educativa. Así, os comedores escolares, ademais de cumpriren unha función básica de alimentación e nutrición, están integrados na vida e organización dos centros educativos de tal maneira que a súa programación, desenvolvemento e avaliación forma parte da programación xeral anual do centro educativo. E por eso que o Xoves 8 de Setembro comeza o servizo complementario de comedor do CEIP Plurilingüe Eugenio López para os alumnos admitidos no comedor escolar.

Os alumnos de infantil comerán nas súas aulas e os alumnos de Primaria farano no comedor nunha soa quenda.

As faltas de asistencia deberán ser xustificadas por escrito e antes das 9:45h da mañá do día que vai a faltar, os xustificantes colleranse e entregaranse en conserxería.

saída do servizo complementario de comedor será na seguinte orde:

           Infantil casa: 15:15h

           Primaria casa: 15:30h

           Transporte: 15:40h (excepto os Luns que saíran as 16:30)

           (Os horarios poderán demorarse os 2 primeiros días)

 

Adxuntos se encontran os xustificantes das faltas de asistencia e as normas básicas de convivencia 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Xustificante comedor con importe.pdf168 KB
Xustificante comedor sen importe.pdf166.74 KB
Normas básicas de convivencia .pdf164.21 KB

Powered by Drupal - Design by artinet