ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR E LIBROS E PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO CURSO 2021/2022

Estimadas familias:

O período para presentar as solicitudes está aberto desde hoxe ata o 22 de xuño.

As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, ou ben presencialmente no propio centro. O horario de atención ao público é de luns a venres de 9:45 a 11:45 horas. Os pais/nais que teñan que realizar algún destes trámites deberán agardar a súa quenda fóra do recinto escolar e, tras premer o timbre, seguir as indicacións do persoal do centro.

As persoas interesadas deberán presentar o anexo I, anexo II e a documentación complementaria que se adxunta.

Así mesmo podedes consultar a orde do 6 de maio que regula o proceso e información xeral sobre o mesmo nos seguintes adxuntos.

Atentamente,

O equipo directivo

 

AdxuntoTamaño
Orde convocatoria de axudas1.2 MB
Anexo I.pdf1.74 MB
Anexo II.pdf1.14 MB
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA.pdf141.04 KB
Información xeral axudas.pdf193.46 KB

Powered by Drupal - Design by artinet