SOLICITUDE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ALUMNADO PRIMARIA
Este proceso está regulado pola Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG. nº 230 13/11/20).
DESTINATARIOS:
Alumnado de educación primaria que pertenza a unidades familiares cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros no exercicio de 2018 ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.
SOLICITUDES:
1.- O alumnado que foi beneficiario da axuda para material escolar no curso 2020-21 (actual), non terá que presentar solicitude.
2.- O resto de alumnado que cumpra coas condicións de renda e/ou discapacidade antes sinaladas presentará unha solicitude por medio dos proxenitores ou titores legais mediante o formulario normalizado.
O impreso de solicitude obterase no centro docente, no portal educativo http://www.edu.xunta.gal ou na sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal
PRESENTACIÓN:
O prazo de presentación será ata o 27 de novembro inclusive.
As solicitudes presentaranse no centro e estarán acompañadas da documentación seguinte:
a) Anexo II debidamente cuberto e asinado.
b) Copia do libro de familia onde figure o/os alumnos/os e os demais membros computables. Se algún membro computable non figurase no mesmo, poderase acreditar mediante o certificado ou volante de convivencia ou mediante informe dos Servizos Sociais do Concello.
c) En caso de separación ou divorcio a sentenza e/ou convenio regulador onde figure a custodia do menor.
d) Certificación da discapacidade do alumno/a ou dalgún familiar, se non é da Xunta de Galicia.
e) Documentación acreditativa de violencia de xénero, se houbese.
Esta documentación non será necesaria se xa foi presentada no seu día para a axuda de libros no curso 2020-21.
A documentación será a correspondente aos datos a 31 de decembro de 2018 e presentarase orixinal e copia para o seu cotexo.