Blogues

Cronoloxía - Florencio Manuel Delgado Gurriarán

 
1903
 
1903

Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu na parroquia de Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras. Era fillo de Florencio e Consuelo e o menor de cinco irmáns: Lucio, María Consuelo, Rocío e Edmundo.

1904

Florencio M. Delgado Gurriarán, cun ano de idade. (Ca.1904)
Fondo Casa da Cultura. Concello de O Barco de Valdeorras (Ourense)

1907

Florencio, á esquerda, co seu irmán Edmundo. (Ca. 1907)
Fondo Casa da Cultura. Concello de O Barco de Valdeorras (Ourense)

1909

Florencio, á dereita e coas mans no cinto, cos seus irmáns. (Ca. 1909)
Fondo Casa da Cultura. Concello de O Barco de Valdeorras (Ourense)

1909

A familia trasládase a vivir a Ourense, nunha estadía que durará catro anos.

1913

Un novo traslado do pai, funcionario do Ministerio de Fomento, leva a toda a familia a Palencia, onde Florencio estuda Primaria.

1918

Florencio, á esquerda, co seu curmán Gonzalo. (Ca. 1918)
Fondo Casa da Cultura. Concello de O Barco de Valdeorras (Ourense)

1919

A familia Delgado Gurriarán ao completo. De pé: Rocío, Lucio, María e Florencio. Sentados: O pai, Florencio; Consuelo, a nai e Edmundo. (Ca. 1919)
Fondo Casa da Cultura. Concello de O Barco de Valdeorras (Ourense)

1921

Morte aos 59 anos, por causas naturais, de Consuelo, a nai de Florencio

1922

Cumprindo co servizo militar obrigatorio no Rexemento de Lanceiros de Farnesio, en Valladolid. (Ca. 1922)
Fondo Casa da Cultura. Concello de O Barco de Valdeorras (Ourense)

1924

Remata en Valladolid a carreira de Dereito.

1928

Volta a Córgomo para preparar as oposicións a Rexistrador da Propiedade. Faise socio protector do Seminario de Estudos Galegos.

1929

Comeza a traballar de pasante nun bufete do Barco de Valdeorras.

1933

Ingresa como militante no Partido Galeguista.

1934

Bebedeira
Bebedeira (1934) Ed. NÓS. Santiago

1936

Comeza o golpe de estado franquista e Florencio ten que fuxir, primeiro a Portugal e, posteriormente a Francia.

1938

1938 Chega a Barcelona no mes de xaneiro e ingresa, co grao de tenente, no exército republicano. Entra a formar parte da Executiva do Partido Galeguista.

1939

Organiza a evacuación de prisioneiros de guerra confinados en campos de concentración franceses.

1940

Parte no buque «Ipanema», xunto con case mil refuxiados políticos españois, ao exilio de México. Obtén a nacionalidade mexicana.

1942

Participación na publicación da revista Saudade,en México, da que se editarán sete números, ata o ano 1953.

1943

Cancioneiro da loita galega
Cancioneiro da loita galega. Ed. Partido Galeguista. México (1943)
Fondo Fundación Isla Couto. Vigo

1944

Casa con Celia Teixeiro, coa que tivo cinco fillos. Este mesmo ano asina, en representación do Partido Galeguista, o pacto Galeúsca, de actuación política entre os exiliados vascos, cataláns e galegos.

1949

Poesía inglesa e francesa vertida ao galego
Poesía inglesa e francesa vertida ao galego. Editorial Alborada, Bos Aires (1949)

1949

Comeza a traballar nos Laboratorios Queralt Mir na venda de produtos farmacéuticos, actividade coa que chegará á xubilación no ano 1973.

1951

Trasládase a vivir coa familia á cidade mexicana de Guadalaxara.

1953

Fúndase o Padroado da Cultura Galega de México, no que participa Florencio, para promover iniciativas culturais galegas.

1959

Edítase a revista Vieiros, da que Florencio é un dos fundadores e da que só se editaron catro números.

1963

Galicia infinda
Galicia infinda Ed. Galaxia, Vigo 1963

1968

Primeira visita temporal a Galicia.

1973

Xubílase como empregado dos Laboratorios Queralt Mir.

1976

Fai unha segunda viaxe a Galicia.

1981

Cantarenas
Cantarenas Ed. do Castro, Sada-A Coruña, 1981

1981

Fai a súa terceira e última visita a Galicia. É elixido membro correspondente da Real Academia Galega en México.
Fondo Casa da Cultura. Concello de O Barco de Valdeorras, Ourense

1986

O Soño do guieiro
O Soño do guieiro (opúsculos de poesía) Ed. do Castro, Sada-A Coruña, 1986

1987

Faleceu o 14 de maio con case 84 anos de idade cando se atopaba na casa dunha das súas fillas, en Fair Oaks, California.

 
1987
 

Florencio Delgado

Mini Top Hat for St Patrick's Day

StPatrick's Day is a global celebration of Irish culture that takes place annually on March 17, the anniversary of the patron saint of Ireland's death.

St Patrick's Day Hat DIY - Red Ted Art - Make crafting with kids easy & fun

Materials:

- a paper cup

- green paper/ironfish

- black cardboard

- an alice band

- gold paper

- green pipecleaner

 

Macrame

Macramé is the art of tying knots to create beautifully patterned textiles.

El macramé es una técnica artesanal para hacer nudos decorativos. De hecho, la palabra macramé es francesa y significa “nudo ”; deriva a su vez del turco y del persa y todas quieren decir lo mismo, arte manual de hacer nudos.

Ver las imágenes de origen

         cotton rope (cuerda de algodón)

Ver las imágenes de origen

 

Nadal 2019

Menú Marzo22

Coplas para o entroido

 

Coa música de TERRA - Tanxugueiras

 

Ailaralalá

O entroido chega.
Ailaralalala

con orgullo vai.

Ailaralalá

cos nosos disfraces
Ailaralalala

 

De volantes de Chantada

de madamas e galáns

e tamén de peliqueiros Infantil
viva o tradicional.

Viva o tradicional

viva o tradicional,

Viva Galiza.

 

Pola mañá saen os vellos

cos gatos a pasear,

pero pola noite festa

unha rumba van bailar. 3º primaria

Unha rumba van bailar,

unha rumba van bailar,
pola noite festa.

 

Ailaralalá
na Costa da Morte
Ailaralalá
o polbo e o mar.

Ailaralalá                 1º primaria
son de calidade
Ailaralalá
O mellor que hai.

 

Esta noite cearemos

filloas, grelos, lacón

e tamén nos fartaremos

de churrasco e xamón.     2º e 5º primaria

De churrasco e xamón,

de churrasco e xamón.

Esta noite cearemos.

 

Ailaralalá
veñen camiñando.
Ailaralalá
son os peregríns.  4º primaria

Ailaralalá
andan sen descanso.
Ailaralalá
chegan ata o fin.

 

 

Ailaralalá
falla a cobertura.
Ailaralalá
no medio rural.        6º primaria

Ailaralalá
A xente gandeira
Ailaralalá
é fenomenal


Aí veñen, Aí veñen
Veñen pra quedar                baile
O entroido do Euxenio

está a desfilar.

 

Está a desfilar,

está a desfilar.

O entroido do Euxenio
vaino petar.

 

 

Está a desfilar

Está a desfilar

Está a desfilar

 

Está a desfilar

Está a desfilar

Está a desfilar aturuxo

 

 

 

Ailaralalá

O entroido chega.
Ailaralalala

con orgullo vai.

Ailaralalá

cos nosos disfraces
Ailaralalala

Imos desfilar.

 

Ailaralalá

O entroido chega.
Ailaralalala

con orgullo vai.

Ailaralalá

cos nosos disfraces
Ailaralalala

Imos desfilar.

 

 

Febreiro 2022

Powered by Drupal - Design by artinet