Skip to Content

XIMCANA DA IGUALDADE-COMPAÑÍA DINAMO 08-03-21

O luns día 8 de marzo, conmemorando o DÍA DA MULLER, levamos a cabo no colexio unha XIMCANA DA IGUALDADE a través da compañía de actividades DINAMO. Nela participou todo o alumnado do centro en diferentes quendas, onde a través de diferentes xogos, tentábase de eliminar certos estereotipos, de non discriminar, de coidar a nosa linguaxe e de aceptar as diferenzas. Foi unha sesión moi participativa e interesante ao tempo que moi necesaria nestos tempos que corren. Si queredes ver as fotos de ese día, picade na foto.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. Actividades

O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, celebrámolo no cole cunha serie da actividades fantásticas realizadas nas diferentes titorías e das que vos deixamos eiquí as seguintes:

  • Podcast en Radio Rosiña dos nenos e nenas de infantil de 4-5 anos da clase da mestra Patri. Picando no podcast, escoitaredes o audio a través do Blogue da Biblioteca.
  • Vídeo coas cancións das diferentes titorías, para lembrar a esta gran escritora, Rosalía de Castro.

OBRADOIRO MULLERES CIENTÍFICAS 26-02-21

O venres día 26 de febreiro de 2.021 en horario de mañá, levamos a cabo un obradoiro con Suso e Amparo a través de "Ciencia en Movemento" para todo o alumnado en diferentes horarios adicado ás "Excelentes Mulleres Científicas". Moitas delas descoñecidas, debido ao seu escaso recoñecemento, tanto en vida como posteriormente. Fíxose un percorrido dende o máis pequeno, como os virus, ata o máis grande, o universo; dende o máis sinxelo, coma o carbón, ata o máis complexo, o wifi. Picando na foto veredes todas as fotos de ese obradorio.

             

PROCESO DE ADMISIÓN 24-25

A normativa que rexe o PROCESO DE ADMISIÓN e o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, a Orde do 21 de outubro de 2022 e a Orde do 26 de maio de 2023.

Os prazos de entrega son:

RESERVA DE PRAZA, CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO A QUE SE ESTEA ADSCRITO do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.

 

RESERVA DE ADMISIÓN do 1 de marzo ata o 20 de marzo.

O Proceso de reserva de praza e de admisión poderase facer telemáticamente a través da aplicación Admisión Alumnado da Consellería de Educación onde poden tamén descargar as solicitudes ou recollelas e entregalas no propio centro.

 

Unha vez rematado o prazo para presentar solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso escolar 2024-2025, informaremos sobre as solicitudes que foron admitidas. Do 20 ao 30 de xuño, será o período de formalización de matrícula.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 24-02-21

O vindeiro mércores día 24 de febreiro, celebramos o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, e dende o Equipo de Dinamización Lingüística do Colexio San Pío X (Ourense) compartiron con nos un recurso para aproximarnos á vida da escritora. Trátase dun Draw My Life narrado en galego por Uxía Salgado da Silva, alumna de 6º de primaria dese centro. As ilustracións foron obtidas do vídeo orixinal en castelán publicado en maio de 2019. Tamén a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Fundación Rosalía de Castro, participaron na revisión dos datos biográficos. Aparte doutras actividades que levaremos a cabo no centro, eiquí vos queda o vídeo.

QUEIMA DO MECO 18-02-21

O primeiro día de clase que fixo algo de bo tempo foi o xoves día 18 de febreiro, á volta das vacacións de Entroido, e decidimos no recreo "QUEIMAR O MECO", co fin de que todos os males se foran moi lonxe. Picando nas fotos veredes algunha máis de ese día.


PEDRO BRANDARIZ E OS SEUS "CONTOS CHOQUEIROS" 10-02-21

Malia estar pechados os teatros e os auditorios, no noso centro seguimos con actividades e o cómico e narrador oral PEDRO BRANDARIZ comeza  cunha extensa xira de actuacións co seu espectáculo sobre o Entroido, "CONTOS CHOQUEIROS", que nos ofreceu o mércores día 10 de febreiro ás 11:30 horas.

Contos Choqueiros é un espectáculo de narración con contos e historias propias do Entroido, que ten como obxectivo dar a coñecer as principais figuras do Entroido galego: peliqueiros, cigarróns, pantallas, boteiróns,...Picando AQUÍ, veredes as fotos da actuación de Pedro Brandariz.

                 

ENTROIDO 2021 Mandadiños do Meco

A partires da semana que ven dende o luns día 8 de febreiro, e ata o venres día 12 de febreiro, celebraremos dentro das posibilidades que a pandemia nos permite o ENTROIDO 2.021. Así o Meco mándanos vir con algunha cousa a modo de disfraz cada día da semana. Para ver que toca traer cada día pica na imaxe. Picando nas fotos poderedes ver moitos máis disfraces¡¡¡¡

                                                                                                             

"ROSIÑA TV", A NOVA CANLE NO COLE

Dende a semana pasada, témola sorte de contar no colexio cunha canle de tv, "ROSIÑA TV", que de xeito formal quedou inaugurada polos alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria. A súa andaina comeza cunha visión pormenorizada e moi profesional sobre o Tempo en Galicia e Mazaricos. Fantástico traballo rapaces¡¡¡¡¡¡¡ Esperamos outras novas nesta canle.

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ 30-01-21

O venres 29 de xaneiro celebraremos no colexio o DÍA INTERNACIONAL DA PAZ. Levaremos a cabo diferentes actividades ademáis de unirnos como centro colaborador á proposta da ONG Save the Children, que a través da súa Carreira Kilómetros de Solidariedade recauda cartos para colaborar con países que se atopan en situacións complicadas. Este ano adican a Carreira á República Democrática do Congo. Tedes máis información no Blogue da Biblioteca.

Este curso escollimos como símbolo da paz e dentro do noso proxecto sobre as aves "MAZARICO LE CO PICO", a GRÚA. Se queredes máis información sobre este paxaro, picade no nome. Picando nas imaxes poderemos ver máis fotos de esa celebración.

Celebración do DÍA DA EDUCACIÓN 24-01-21

O alumnado de 3 e 4 anos de Educación Infantil do centro, quixo dun xeito moi especial celebrar o DÍA DA EDUCACIÓN, e así nos deixaron este maravilloso vídeo. Esperamos que vos guste.

BO NADAL E FELIZ 2021

Para despedirnos deste primeiro trimestre deste curso tan raro, dende a Biblioteca do centro e as titorías, coa colaboración de todo o alumnado, mestres e demáis persoal do centro, ocurríusenos a idea de gravar un video para felecitarvos estas festas. É a través dunha canción de Iván Vale con linguaxe de signos. Grazas a todos/as por participar nesta iniciativa. Eiquí tedes o resultado.


PAKOLAS E LAURA ROMERO "Cores, contos e Rock´n Roll con Ramona Órbita" 22-12-20

O derradeiro día de clase do 2020, rematou coa actuación no comedor, de PAKOLAS co seu espectáculo "CORES, CONTOS E ROCK & ROLL CON RAMONA ÓRBITA" acompañado por LAURA ROMERO, que se encargaba de darlle vida a todas as súas personaxes. Os nenos e nenas bailaron ao ritmo das súas cancións e interactuaron con Pakolas mentras quedaban pasmados vendo como Laura Romero pintaba en directo o que se dicía nas letras de Pakolas. Unha fabulosa actuación. Picade no LIBRO DE RAMONA ÓRBITA para ver as fotos de ese día.

ESPECTÁCULO DE MAXIA: THE VISUAL MENTALISTS 2 MINDS

O luns día 21 de decembro tivemos no comedor do cole, e baixo todas as medidas de seguridade, a actuación de Ian e Elisa co seu espectáculo "THE VISUAL MENTALIST 2 MINDS", onde coa maxia, os contos e as sombras chinesas, fixeron a delicia de tódolos nenos. Picade AQUÍ para ver as fotos de ese día.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2020

Convocouse no cole, coma tódolos anos, o CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL. Animamos a todo o alumnado xa que este ano decidiuse que cada alumno envíe a súa postal a alguén coñecido. As postais serán expostas no pasillo do centro, e haberá un gañador por grupo e unha postal gañadora xeral que será a que enviemos en representación do colexio.

Os/As gañadores/as foron:

E.I. A: Dalia Casal Lago

E.I. B: Sara Grille Calvelo

1º e 2º: Íker Tubío Gesto (gañadora para enviar)

3º e 4º: Lucía Mourelle Torrado

5º e 6º: Brais Capelo Martínez

Premio Especial: Alejandro Villar Negreira (6º)

 

Picando AQUÍ poderedes ver todas as postais participantes no concurso.

Eiquí vos queda un vídeo colgado dende a Biblioteca que fala sobre a soidade das persoas nesta época.

REMATADA A MARQUESINA DE ACCESO AO PATIO

Temos boas novas para toda a Comunidade Educativa do C.E.I.P. Víctor Sáenz para comezar este mes de decembro. Xa remataron as obras de colocación dunha MARQUESINA de acceso ao patio, co fin de que o alumnado non se molle os días de chuvia cando baixa aos patios cubertos. A verdade que quedou super chula¡¡¡¡¡¡¡¡¡ Agora a disfrutala.

   

     

     

     

MAGOSTO 2020

O venres día 13 de novembro e cunha tarde fantástica, celebramos como é habitual o MAGOSTO. Este ano dun xeito diferente xa que ante todo cumprimos coas normas de separación, uso de xel hidroalcólico e lavado de mans, ademáis de levar a máscara. Pero tamén tivemos momentos para xogar, divertirnos e sobre todo comer castañas. Picando AQUÍ veredes todas as fotos de ese día.



 

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19. C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ

Seguindo as instruccións en materia de Saúde Pública, as recomendacións sanitarias e os derradeiros Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-21, actualizamos o noso Protocolo de Adaptación ao contexto do COVID 19. Foi elaborado coas propostas do profesorado, presentado no claustro e no Consello Escolar. É un documento vivo, é dicir, é susceptible de cambios a medida que a actividade educativa nos vaia aportando información. O Protocolo está completado con anexos, entre eles o Plan de Continxencia, o Protocolo de Limpeza e o Plan de Acollida.

En relación ao COVID 19, no enlace, aparecen novas actualizacións e/ou publicacións sobre o Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino universitario de Galicia para o curso 2020-21 e anexos que aparecen no portal da Xunta.

https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/medidas-coronavirus

 

                                      

AUDIOVISUAIS SAMAÍN 2.020

Se queredes ver o que realmente ocorreu ese día de SAMAÍN no cole, podedes facelo a través da visualización das FOTOS, VÍDEO DAS CABAZAS, LECTURA DOS RELATOS DE MEDO ou escoitalos na nosa RADIO ROSIÑA. Picade en cada un dos iconos, e a DISFRUTAR!!!!!!!!!

SAMAÍN 2.020

O venres día 30 de outubro, celebramos o SAMÍN no cole. Foi diferente ao doutros anos pero aínda así mereceu a pena adicarlle toda a xornada a unha das actividades que máis nos gustan. Durante a mañá, nas diferentes aulas léronse e contáronse historias relacionadas co medo, realizamos un obradoiro de música e preparamos petiscos terroríficos para comer antes do recreo. Tamén fixemos actividades de plástica, por grupos e nas diferentes aulas, mantendo en todo momento os agrupamentos de convivencia no colexio.

Ao mediodía, antes de xantar, entregamos os premios ás CABAZAS máis votadas polo alumnado, e tamén aos relatos de medo, no que xa imos pola X Edición. En canto ás cabazas, a participación foi moi elevada. Ademáis de participar na súa elaboración toda a familia, despois tiñan que enviala a través dunha foto para o concurso. As gañadoras foron: 1º Alicia Alvite Ramos (3º E.P.); 2ª foi Sofía Mourelle San Martín (INF-4); e 3ª a cabaza de Sara Labandeira Gerpe (5º E.P.).

 

Houbo tamén unha "Mención da honra" para a cabaza presentada por Daniel Ínsua Moldes (1º E.P.) que tamén tería que estar entre as premiadas por ser unha das máis votadas, pero como é norma no centro, tentamos que cada ano leven premios persoas distintas, aínda así como as súas votación foron tantas, decidimos telo en conta e entregarlle un diploma e un agasallo. Dani ese día non poido asistir ao cole polo que recolleu o premio a súa titora Sonia.

Tamén se entregaron os premios aos Relatos de Medo. En Infantil presentaron un conto en cada aula, e así obtiveron dous diplomas e dous agasallos para toda a clase: un para o alumnado de Infantil de 3-4 anos, e outro para Infantil de 4-5 anos. Premendo nas imaxes poderedes descubrir as súas terroríficas historias.

En canto a Educación Primaria, outorgáronse catro premios: 

Na aula de 1º e 2º, Olalla Suárez Grille

En 3º e 4º, Íker Freire Cambeiro

En 5º e 6º, o premio foi para Brais Carreira Antelo.

Tamén se concedeu un "Premio Especial" a Alejandro Villar Negreira, quen presentou unha historia creada por el na aula de P.T.

   

LIBROS DE TEXTO CURSO 2020-2021

Picando na imaxe poderedes ver a lista de LIBROS DE TEXTO para o curso 2020-2021

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020-2021

 

AXUDAS PARA LIBROS / MATERIAL ESCOLAR

CURSO 2020/2021

PRAZO: de 19 de maio ao 19 de xuño (ambos inclusive)

Está aberto o prazo para a participación no fondo solidario de libros e para solicitar axudas para adquisición de libros de texto e material escolar.

Pode facer a solicitude a través da sede electrónica https://sede.xunta.gal ou presentado a documentación no centro.
 

Para facilitarlles a xestión, no centro están os impresos de solicitude á súa disposición.

Cando veñan a realizar as xestións para esta convocatoria, tanto a recoller os impresos como e entregalos, deben respetar as normas sanitarias.

Para o cálculo da renda per cápita:

Declaración de renda do ano 2018. Suma das casiñas 435 e 460.

Nos seguintes enlaces poderá vostede informarse da normativa e poderá descargar os impresos de solicitude:

ENLACES

-Impresos de solicitude: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23300466

-Circular informativa ás familias-resumo normativa https://drive.google.com/open?id=1Xwbd4McI14l2Xxny4aG2aAYiiCqvpV5K

-Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021: http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Documentos que debe presentar:

·         Impreso de Solicitude

·         A outra documentación necesaria, de non tela no centro, xa lla solicitaremos

Horario de SECRETARÍA de 10:30 a 13:30 horas

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS 2019-2020

 

 ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

Curso 2019-2020

Unha das consecuencia da pandemia provocada polo covid-19, foi a suspensión da actividade lectiva nos centros dende o 13 de marzo de 2020 tal e como se establece no Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo. Esta suspensión da actividade educativa modifica significativamente o desenvolvemento das programacións elaboradas para este curso escolar: a nivel metodolóxico, da concreción curricular, das medidas de atención ao alumando, así como, da avaliación para dar continuidade á ensinanza aprendizaxe durante o terceiro trimestre. Procede polo tanto realizar adaptacións de estas programacións iniciais seguindo as directrices fixadas na Orde EFP/365/2020, de 22 de abril, pola que se establecen o marco e as directrices de actuación para o terceiro trimestre do curso 2019-2020 e o inicio do curso 2020-2021, e as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Educación Primaria

ACTIVIDADES E XOGOS DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA FACER NA CASA

TEDES NESTA PÁXINA UNHA SERIE DE ACTIVIDADES E XOGOS DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA FACER NA CASA.

PICANDO NAS IMAXES TEDES OS ENLACES DESTAS ACTIVIDADES.

ESPERO QUE O PASEDES BEN. UNHA APERTA¡¡¡¡¡¡¡¡

  

  

"ACTIVIDADES FICAMOS NA CASA". O CORONAVIRUS NON NOS FREA

 

Neste días de confinamento, o profesorado contacta coas familias e co alumnado para darlles ánimos, enviarlles vídeos, para marcar tarefas escolares sobre os libros de texto que tedes todos na casa e outro tipo de actividades e recursos, etc. Este contacto faise a través das aplicacións tokapp, whatsapp, correo electrónico e/ou teléfono. Ademáis no seguinte enlace, que esta no blogue da biblioteca cólganse actividades e recursos para o alumnado. Se queredes velos, picade na imaxe ou entrade no noso blogue da biblioteca

http://bibliovictorsaenz.blogspot.com

REESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN 20-21

 

Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021.

Restablecese o prazo  para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio e rematará o día 18 do mesmo mes. EXCLUSIVAMENTE PARA A REALIZACIÓN DESTE TRÁMITE, o  centro permanecerá aberto de luns a venres de 10:00 a 13:00 h.

Prégase a toda persona que se achegue ó Centro para a entrega de documentación cumpra coas medidas de seguridade e protección contra o Covid-19 establecidas pola Consellería de Sanidade.

INSTRUCCIÓNS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN 27 DE ABRIL

 

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

AVISO

AVISO

 

 

Estimadas familias:

 

Como medida preventiva frente ao avance do coronavirus, o Presidente da Xunta de Galicia na comparecencia que tivo hoxe ao mediodía ante os medios de comunicación, informou que:

- Dende o luns 16 de marzo os centros educativos estarán pechados, durante 14 días, en todos os niveis de ensino e polo tanto non haberá clases.

- Mañán venres 13, os centros educativos permanecerán abertos, pero a Xunta recomenda que os nenos e nenas queden na casa.

- Nos centros educativos non temos aínda comunicación oficial, polo que non podemos informar dos detalles desta decisión de pechar os colexios. En canto teñamos información oficial  e esta engada máis información, seredes informadas/os.

- Mentras tanto pregámosvos permanezades atentas/os ao que publiquemos nesta páxina e na paxina da Consellería de educación (www.edu.xunta.gal)

 

Queremos transmitiros, tal como llo comentamos ao alumnado, unha mensaxe de calma e tranquilidade e respectar as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias.

 

 

Saúdos

 

 

San Cosme de antes 12 de marzo as 16:00 horas

 

  A dirección

 

INFORMACIÓN CORONAVIRUS

Dende a Dirección Xeral de Saúde Publica da Consellería de Sanidade fannos chegar información relativa ao coronavirus (COVID-19) que resulta de interese para os centros educativos.

A continuación transcríbese a información enviada por dita Dirección Xeral. Picando na imaxe teredes toda esta información.

"DE AQUÍ PARA ALÁ" PROPOSTA MUSICAL NO AUDITORIO DE GALICIA 05-03-20

O xoves día 5 de marzo, fomos todo o colexio de excursión a Santiago para ver no Auditorio de Galicia unha proposta musical e teatral, interpretada por Lydia Botana, autora deste espectáculo. "De aquí para alá" da Asociación Cultural Tres por Cuatro é un proxecto de música infantil no que se viaxa arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar facendo fincapé na procura de novos sons. Cóntanos, a través da música, a historia dunha bolboreta que vai polo mundo na procura de algo que faga feliz ó seu novo amigo Gali, un neno que vive en África e está moi triste.

Distribuir contido


by Dr. Radut