Skip to Content

A COMUNIDADE EDUCATIVA DO C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ DAVOS A BENVIDA Á NOSA PÁXINA WEB

C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - SAN COSME DE ANTES Nº 35 - MAZARICOS C.P. 15.256 - A CORUÑA    
TELÉFONOS: 881866101-881866102  FAX: 881866103    CÓDIGO DO CENTRO: 15008490
Correo electrónico: ceip.victor.saenz@edu.xunta.gal
Blogue da Aula de 3º e 4º curso de E.P. http://terceiroecuartoceipvictorsaenz.blogspot.com
Blogue da Biblioteca: https://bibliovictorsaenz.blogspot.com
Blogue de Música: http://musicantes-mazaricos.blogspot.com.es
Blogue de Idioma Estranxeiro (inglés): http://victorsaenzsenglishclass.blogspot.com.es/
Páxina Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvictorsaenz
HORARIO: Xornada partida de 10:00 h. a 16:30h.

VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA. Alumnado de 5º e 6º de Primaria 04-06-24

Un ano máis a Campaña Mundial pola Educación (CME) invitounos a asistir ao Acto organizado no PARLAMENTO DE GALICIA. Este ano o tema da campaña versou sobre o Discurso de Odio entendido como toda forma de expresión que difunda, incite, promova ao xustifique o odio racial, ou outras formas de odio xurdidas da intolerancia e que socavan a Democracia, a estabilidade social, a paz e a diversidade cultural e o pluralismo. Así o noso alumnado de 5º e 6º de primaria acudiu á cita cun discurso de 3 minutos, nos que expoñían a súa investigación sobre as RRSS e a saúde mental.

DESPEDIDA DO NOSO AUXILÑIAR DE CONVERSA "WAQAR BATSHI" 29-05-24

Este curso 23-24 tivemos a sorte de poder contar no noso colexio con WAQAR BATSHI, o noso Auxiliar de Conversa, procedente da India. Disfrutamos do seu inglés no centro e para a Sección Bilingüe de plástica co alumnado de 1º e 2º de primaria. Estivo con nos todo o curso.O noso máis sicero agradecemebto, polas súas gañas de aprender e a súa motivación nas nosas clases. Ata outra Waqar¡¡¡Thank you for everything¡¡¡

CELEBRACIÓN DOS MAIOS 22-05-24

Un ano máis celebramos no cole "OS MAIOS". Uns días antes desta celebración, solicitamos ás familias que enviaran ao colexio prantas, ramos, frores, fentos, etc... para que ese día fixeramos o noso MAIO. Verdadeiramente quedou fermoso coma tódolos anos. Logo cantamos varias canción arredor do maio, para rematar a celebración.

ACTUACIÓN DO CONSORCIO "PASANDO A BOLA" 22-05-24

O 22 de maio tivemos a sorte de contar no cole cunha actuación a través do Consorcio titulada "PASANDO A BOLA" con CELTIA FIGUEIRAS. A temática consistía en que a través do clube de baloncesto A Carrasquiña aprenderon divertidas cancións e valores que nunca esquecerán para ser un verdadeiro equipo: compañerismo, respeto, igualdade, solidariedade e integración, que lles servirá para entender e mellorar as súas propias vidas. O alumnado de 5º e 6º de primaria colaboraron na obra teatral, escenificando o que a autora ía explicando.

ENTREVISTA EN RADIO ROSIÑA ÁS COCIÑEIRAS E PERSOAL DE LIMPEZA

Durante o mes de maio, dende RADIO ROSIÑA, leváronse a cabo unha serie de entrevistas, para coñecer un pouco máis polo miúdo ao noso persoal de cociña e de limpeza. Así entrevistaron a Sheila, Mariví e Fabiana, que falaron un pouco do seu día a día no cole e a labor que desempeñan. Grazas por todo¡¡¡¡

EXCURSIÓN GRANXA ECOLÓXICA "CASA GRANDE DE XANCEDA" 09-05-24

O día 9 de maio, fumos todo o cole e os mestres de excursión á "CASA GRANDE DE XANCEDA". Unha saída subvencionada polo Concello de Mazaricos, á que fumos con moitísima ilusión e gañas, xa que é unha experiencia maravillosa e moi ligada ao noso proxecto de VIDA SAUDABLE. Foi un día cheo de sorpresas e actividades: démoslle de comer aos animais da granxa, déronnos información de como funciona todo e tivemos tempo de lecer e mesmo de probar os maravillosos e saudables iogures ecolóxicos de gran calidade¡¡¡


ACTIVIDADE "STOP ACCIDENTES" 03-05-24

Tivemos no centro o día 3 de maio de 2024 a visita dos responsables de STOP ACCIDENTES, que fixeron actividades e visualizaron vídeos, todo a través de 3 talleres para todo o alumnado do centro. Estos talleres eran de sensibilización e seguridade vial.

EXCURSIÓN A SANTIAGO. Exposición en AFUNDACIÓN para Infantil e 1º, 2º e 3º o día 29-04-24

O día 29 de abril o alumnado de Infantil e o de 1º, 2º e 3º de primaria, foron de excursión a Santiago para asistir á exposición en Afundación de "EMOCIÓNS EN PERIGO" e á realización dun Obradorio de elaboración de xabón sólido.

VIDEOCONFERENCIA SOBRE RRSS CON IVÁN L. VÁZQUEZ EN RADIO ROSIÑA

O vogal do CPEIG IVÁN LUÍS VÁZQUEZ, participou o día 25 de abril nun programa de Radio Rosiña, sobre o uso das Redes Sociais, dispositivos electrónicos e a súa relación coa saúde mental a través dunha videoconferencia co alumnado de 5º e 6º de primaria. Deunos unha serie de recomendacións para facer un uso responsable das RRSS no marco do Programa Navega con Rumbo.

O NOSO HORTO ESCOLAR a tope!!!

Un ano máis, e xa van uns cantos, a través do noso proxecto de Voz Natura "O noso horto escolar" estamos a tope coa plantación de leitugas, repolos, cebolas, amorodos, etc... que os nenos e nenas do cole cuidan con tanto esmero. E chegado o día, o alumnado vai ao horto a recoller os seus frutos para levar ao comedor do centro e deleitar con eses manxares ao resto da Comunidade Educativa. Un traballo de todos para todos.

23 DE ABRIL, CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

O martes, día 23 de abril pola tarde, celebramos o DÍA DO LIBRO. Fixemos unha actividade chamada "AMADRIÑAMENTOS E APADRIÑAMENTOS LECTORES" consistente en que o alumnado dos cursos máis altos lle lea varios contos ao alumnado dos cursos máis baixos en calque lugar do centro. Posteriormente lector e oínte fixeron un debuxo acerca do contido do conto lido!!! Unha estupenda tarde de lectura!!!


FORMACIÓN PARA AS FAMILIAS SOBRE AS TIC con Martín Mejuto 23-04-24

O 23 de abril en horario de 12:00 a 13:30 horas, tivo lugar no centro unha Formación para as familias sobre "Acompañamento no uso responsable das TIC". Esta formación foi dada polo psicólogo que traballa coa ONG Ayuda en Acción Martín Mejuto. Todo un pracer contar con xente tan profesional, e de seguro que as familias sacaron moitas cousas de proveito.

TALLER-CHARLA SOBRE O CÓMIC 22-04-24

O día 22 de abril, pola mañá, tivemos a sorte de contar no centro con Alfonso Barreiro Carreño, que de 11:00 a 12:30 fixo un Taller sobre o Cómic e a Ilustración para o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, que se enmarca no proxecto do CLUB DE LECTURA que temos no centro. Todo un descubrimento e algo moi novedoso para o alumnado!!!

EXCURSIÓN A SANTIAGO: Primaria a INNOVART24 e Infantil ao CGAC 18-04-24

O xoves, día 18 de abril, fumos todo o centro de excursión a Santiago. Por un lado o alumnado de Infantil visitou a Praza de Abastos e os seus diferentes postos, e posteriormente tiñamos concertada unha visita no CGAC guiada, para coñecer un pouco máis polo miúdo a figura de Antón Lamazares e a súa exposición "Aún es de Día", onde lles explicaron as obras de este autor e mesmo fixeron as súas propias. Rematamos xantando e xogando no parque inafantil da Alameda.

O alumnado de primaria tiña unha visita concertada á Cidade da Cultura para asistir ás actividades da 2ª edición de INNOVART24. Unha magnífica ocasión para achegarse ás moitas posibilidades académicas que ofrecen as ensinanzas de réxime especial, poñendo en valor o labor realizado polos conservatorios de música e de danza. O alumnado coñeceu en primeira persoa experiencias levadas a cabo nos centros educativos, e participou nos obradoiros de danza, música, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e de idiomas. Un día ben completiño!!!

 

Obradoiro sobre violencia e creación de espazos seguros 16-04-24

O Día 16 de abril tivemos un "Obradoiro sobre a violencia e a creación de espazos seguros para a infancia e a adolescencia", a través da POIG (Plataforma Organizativa da Infancia de Galicia) para o alumnado de 3º, 5º e 6º de Primaria. Nestes obradoiros de aproximadamente 2 horas, traballouse con grupos temas como Os Dereitos da Infancia, a non violencia e a nova Lei de Infancia (LOPIVI).

VISITA-CHARLA DO ESCRITOR DAS "FORMIGAS": PERE TOBARUELA

O xoves día 4 de abril, visitou o noso centro o escritor PERE TOBARUELA, moi coñecido polos seus libros de formigas, entre outros!!! Tivo unha charla fantástica co alumnado de 3º a 6º de educación primaria, os cales levan lídos moitos dos seus libros mesmo no clube de lectura neste curso. Explicoulles, entre outras moitas cousas, o porque desa temática dos seus libros, e como facía para crear esas historias. Foi un pracer poder contar coa presenza deste escritor no cole. Ata a próxima!!!

DÍA DA POESÍA 21-03-24

O xoves día 21 de marzo, celebramos no cole o DÍA DA POESÍA. Fixemos unha actividade, nas aulas, que consistía en que cada neno e nena elaboraba unha poesía propia ou dun autor e a ilustraba do mellor xeito posible. Logo se enrolaban a modo de "papiro" e se introducían nunha urna que estaba ubicada na Biblioteca. No recreo todo o alumnado do colexio, colleu da urna unha poesía, que non fose a súa, para levar de recordo para casa de este día tan fermoso.

Nova Formación de Radio para entrevistar a Roberto mestre de Informática 14-03-24

O alumnado de 3º a 6º de primaria, recibiu outra Formación de Radio a cargo de Verónica. Nela o alumnado de 5º e 6º de primaria, aproveitaron para facerlle unha entrevista a Roberto, mestre de Informática nas actividades extraescolares. Todo un pracer!!!

Xa temos instalado o PUNTO LARANXA no noso centro

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou recentemente o Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar, así como a actualización do Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso escolar e ciberacoso. Unha das medidas foi a instalación nos centros do PUNTO LARANXA, un espazo físico onde calquera persoa poderá denunciar de xeito anónimo unha situación deste tipo. O Plan e o Protocolo, así como o punto laranxa, xa están tamén dispoñibles na nosa páxina web.

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O venres 8 de marzo, celebrouse o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. No cole traballouse nas aulas sobre distintas mulleres que tiveron unha certa importancia ao longo das súas vidas e posteriormente estes traballos foron expostos no pasillo do centro.

FASE INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS 27-02-24

O martes día 27 de febreiro en horario de mañá, celebrouse no Circuito Estadio Municipal de Fútbol Julio Mato "Matito" en Noia a FASE INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS en idade escolar. A esta cita acudiron cerca de 60 centros escolares e 750 nenos e nenas aproximadamente que pasaron unha maravillosa xornada deportiva. Do noso centro clasificáronse para esta fase 7 alumnos/as (Valeria, Martiño, Álvaro, Izía, Paulina, Víctor e Lucía) de distintas categorías. Disfrutaron e pasárono xenial co resto de participantes que alí atoparon. Para o ano que ven, "máis e mellor".

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 23-02-24

O Venres día 23 de febreiro de 2024, celebramos no colexio o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, cunha serie de actividades nas aulas e no pasillo do cole. O alumnado elaborou unhas mans nas que plasmaron algún dos poemas de Rosalía máis importantes, que con posterioridade lle leron ao resto de compañeiros. Todo esto amenizado con música de fondo de Amancio Prada como "Adiós ríos, adiós fontes" ou "Campanas de Bastabales". Estas mans quedaron moi bonitas e expuxéronse no pasillo. Un día "moi da nosa terra"!!!.

ACTIVIDADES "NUTRICOLES" CON NATALIA HOSPIDO 21-02-24

Levamos a cabo o mércores día 21 de febreiro unha actividade coa dietista-nutricionista e farmacéutica NATALIA HOSPIDO, especialista en alimentación complementaria, nutrición infantil e educación alimentaria, a través do seu proxecto "NUTRICOLES". Durante toda a mañá traballou diferentes aspectos nutricionais cos diferentes grupos de alumnos. Así ao alumnado de Infantil contoulles un conto "María ¿que color comes?" de Noelia Caballero e elaborou, coa inestimable axuda das cociñeiras do cole, unha tosta de aceite e allo morado das Pedroñeras para que o alumnado de infantil probara o sabor deste peculiar alimento. Cos de 1º, 2º e 3º de primaria traballou a elaboración dun plato saudable e a elaboración de menús equilibrados, E cos maiores traballou sobre o etiquetado dos alimentos. Unha mañá chea de sabores saudables!!!

COMEZA O IOGA PARA O ALUMNADO DE 3 ANOS

O xoves día 15 de febreiro deu comezo as clases de IOGA para nenos co alumnado de 4º de Educación Infantil e que sigue levando adiante a profesora de Ioga Ana. Pasárono xenial e esta actividade repetirase cada 15 días ata o remate do curso. O resto de cursos xa estaban integrados nesta actividade ata final de curso, gracias á axuda inestimable da ONG Ayuda en Acción, que é quen nos subvenciona tal actividade, entre outras.

FORMACIÓN DE RADIO PARA INFANTIL E 1º E 2º DE PRIMARIA.

A través da convocatoria de Radio na Biblio e cos cartos que nos foron concedidos, contratamos a Santiago García Nieto para dar a Formación de Radio para o alumnado de Infantil e 1º e 2º de ed. primaria, xa que o resto de primaria xa ten Formación de Radio a través da ONG Ayuda en Acción. Así tiveron o primeiro contacto os días 15 e 16 de febreiro. CONTINUARÁ...

SUBVENCIÓN DE FROITA (FOGGA)

Como en anos anteriores, Solicitamos a principio deste curso 23-24 a Subvención de Leite e Froita do FOGGA e nos foi concedida. A finais de xaneiro e durante o mes de febreiro, na hora do recreo, estamos dándolle ao alumnado leite enteira ou de soja (durante 20 días no 1º período) e froita (durante 10 días no 1º período). A froita comezou o xoves 15 de febreiro. Entre as froitas que poidemos solicitar e que está a comer o alumnado atópanse : amorodo, plátano, kiwi, mazá, pera, mandarina,  e melón. BO PROVEITO!!!

QUEIMA DO MECO 16-02-24

E xa para rematar o Entroido, levamos adiante a QUEIMA DO MECO, o 1º día de bo tempo, para queimar as malas cousas que pasaron neste ano que deixamos atrás. Ata o vindeiro Entroido!!!

OBRADOIRO PARA AS FAMILIAS (2ª sesión): "Autonomía dende límites saudables" 09-02-24

Dende a ONG Ayuda en Acción, levouse adiante o venres día 9 de febreiro, a 2ª sesión de Obradoiros para as familias co título Educar en positivo: "Autonomía dende límites saudables" en horario de 12:30 a 14:00 horas. Asistirón algunhas familias, que de seguro sacaron proveito a este obradoiro para poñelo en práctica.

ENTROIDO 2024

O venres día 9 de febreiro e debido ao mal tempo, decidimos facer o DESFILE DE ENTROIDO no pasillo do centro. Por el desfilou todo o alumnado cos seus maravillosos disfraces confeccionados nas titorías e relacionados coa temática do Proxecto Integrado de Centro "A vida saudable": así os de infantil iban de espantallos; os de 1º e 2º iban de enfermeiros e enfermeiras; os de 3º e 4º levaban máscaras representativas de froitas e verduras, moi ben elaboradas, a similitude de Giuseppe Arcimboldo, pintor italiano, coñecido sobre todo polas súas representacións manieristas do rostro humano a partir de frores, froitas e plantas.; e os de 5º e 6º de médicos con todo o instrumental necesario. Ao ritmo da música do Entroido desfilamos, cantamos e bailamos toda a mañá. Como colofón á festa todo o centro acompañados polo mestre de música Óscar (á guitarra) nos deleitaron coa canción "Teoloxía" da Orquestra de Valdeorras.


Distribuir contido


by Dr. Radut