O último venres de outubro celebramos O SAMAÍN no cole. Os nenos e nenas e algunha que outra profe viñeron disfrazados ao centro (máis fotos picando na imaxe). Para celebralo fixemos varios concurso: un de Relatos de Medo e outro de Cabazas, convertindo así o corredor do cole nun espazo de orixinalidade, cor e diversión. ![](/centros/ceipvictorsaenz/?q=system/files/u54/IMG_1062_323x242.jpg)
O venres durante a mañá fixemos varias actividades para esta celebración. Unha delas foi a realización nas aulas dos "PETISCOS TERRORÍFICOS", que despois a rapazada comeu na hora do recreo.
![](/centros/ceipvictorsaenz/?q=system/files/u54/IMG_1102_323x242.jpg)
Tamén celebramos dous obradoiros coa COMPAÑÍA DINAMO, a través de Xogos Populares adaptados ao Samaín, un para os máis pequenos e outro para os maiores.
![](/centros/ceipvictorsaenz/?q=system/files/u54/IMG_1183_323x242.jpg)
![](/centros/ceipvictorsaenz/?q=system/files/u54/IMG_1248_323x242.jpg)
E xa para rematar a celebración, antes de xantar entregáronse no comedor do cole os premios aos gañadores dos dous concursos. Os de Cabazas que foron para Uxía, Ángel, Martiño e Aroa. Premendo na imaxe poderedes ver todas as cabazas participantes.
![](/centros/ceipvictorsaenz/?q=system/files/u54/IMG_1313_323x242.jpg)
E os premios aos RELATOS DE MEDO. Os gañadores foron:
A aula de 3/4 anos de Infantil con "A BRUXA CATUXA"; a aula de 5 anos de Infantil con "A PANTASMA MÁIS TORPE"; a aula de 1º e 2º de primaria con "ESTRELIÑA E JUAN"; Luzdivina Vasilev Arnaiz (4º) con "UNHA AVENTURA TERRORÍFICA NUN PLANETA DESCOÑECIDO CHAMADO CERES"; E Mai Villar Vilas (6º) con "A FIN DA GALAXIA".
![](/centros/ceipvictorsaenz/?q=system/files/u54/IMG_1265_323x242.jpg)
![](/centros/ceipvictorsaenz/?q=system/files/u54/IMG_1267_323x242.jpg)
![](/centros/ceipvictorsaenz/?q=system/files/u54/IMG_1278_323x242.jpg)
Picando nas fotos anteriores podemos ver a entrega de premios a todos os gañadores.
Para ver os textos dos Relatos de Medo, podedes visitar o noso blogue da Biblioteca ou o bloque adicado ao SAMAÍN 2021.