Skip to Content

Día do medio ambiente - "Plásticos cero"

Na semana do 29 ao 2 de xuño, organizamos un concurso para tentar de eliminar o máximo posible de residuos de plástico nas aulas durante as súas merendas. Para conseguilo, puxemos unhas papeleiras nas aulas con carteis específicos sobre a actividade, onde se botaron os plásticos que se traían cada día. Esta papeleira non se valeirou en toda a semana e, despois de recollelas e pesalas, a aula que menos plásticos usou foi o grupo de 4ºB de Educación Primaria.

Grazas a eles, temos un mandarino plantado no centro. 



page | by Dr. Radut