Skip to Content

UN COLE CHEO DE XOGOS!

Despois desta dura pandemia onde tivemos que estar separados e case sen tocarnos o cole vai recuperándose e volve a ter algo de cor. O xogo e o balbordo volven a ser os reis dos patios. Asi quedaron algúns dos xogos que solicitaron os nenos a través do Consello da Infancia: a serpe, os tipis e paus de construción do programa "Aulas Verdes con Corazón", tres en raia, taboleiro de damas, rocódromo, diana... e moitos máis que vos presentaremos nas xornadas de xogo que se están organizando! Grazas á ANPA "Ana Lastra" pola axuda.

 

 

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut