ENAPA METODOLOXÍAS ACTIVAS

Enviado por admin o Xov, 28/04/2022 - 06:02

Xa temos preparada a nosa seguinte ENAPA.

Será o próximo luns 2 de maio de 2022, de 17:30 a 19:30.

Correrá a cargo de Ana Vieito, consultora pedagóxica do Instituto Ilai, experta en pedagoxías activas, intelixencia emocional e mestre de Ioga.

Leva acompañado a familias en diferentes espazos Montessori, ao longo de 10 anos, e introducindo o Ioga nas aulas e fogares como ferramenta pedagóxica. Toda esa traxectoria conclúe coa creación da metodoloxía Ilai, como acompañamento en calquera proceso e etapa da vida.

 

Na charla trataremos aspectos básicos sobre:

·         De que falamos cando nos referimos a Pedagoxía Activa

·         Como responden Montessori, Waldorf e Regio Emilia ás bases da Pedagoxía Activa (PA).

·         ABJ  (aprendizaxe baseada no xogo) dentro da PA.

·         Que é a gamificación?

·         A importancia do acompañamento emocional.

·         A transformación do adulto.

 

Como xa comentamos o relatorio se realizará de xeito virtual, a través da ferramenta web para conferencias en liña que pon a disposición dos Centros Educativos a Consellería de Educación, CISCO WEBEX.

Precisamos inscrición para poder enviar o enlace a reunión. Así que se estades interesados/as non tendes máis que mandar un correo solicitando as claves de acceso.

 

( categories: )