Escola de nais e pais (ENAPAS)
CEIP VALLE-INCLÁN, Vigo, 2021/2022
Vigo, 28 de outubro de 2021
Prezadas familias:
Xa fai dous cursos puxemos en marcha unhas ENAPAS dentro do Plan Anual
de Formación do Profesorado do noso centro, nun marco de convivencia
e inclusión como pilares fundamentais na construción da mellor educación
posible. As Escolas de Nais e Pais están definidas na Lei de Convivencia Escolar
(Lei 4/2011) como un espazo de diálogo, coñecemento e debate para a
comunidade educativa.
Esta enmarcada dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado
(PFPP) do noso centro: Espazos que educan.
Co fin de permitir a formación integral de toda a comunidade educativa nestas liñas de traballo. As
charlas irán sobre esa temática, convivencia e educación principalmente, pero a maiores poderán
incluírse outras vinculadas con entidades, asociacións, ...
Aquí tendes unha enquisa anónima para que poidades suxerir temáticas,
relatoras e relatores, etc. Agradecemos deixedes o contacto das
persoas que propoñades.
ENLACE AO FORMULARIO
A colaboración entre o Centro e a ANPA é fundamental para o seu desenvolvemento, así como a asistencia
e participación de todas as familias.
Este curso, e debido a situación derivada da pandemia da COVID-19, as CHARLAS
SERÁN VIRTUAIS, A TRAVÉS DA APLICACIÓN CISCO WEBEX.
Teremos unha ao mes dentro da PFPP financiada polo CFR (centro de Formación e
Recursos de Vigo) e, a maiores, outras que poidan xurdir dende o propio Centro, da colaboración coa ANPA, de diferentes asociacións,
etc... Polo que pode ser que algúns meses teñamos máis.
Podedes inscribirvos a nosa LISTA DE DIFUSIÓN.
Deste xeito recibiredes no voso enderezo electrónico toda a información relativa as charlas, datas, relatoras/es etc.
Para poder inscribirse habería que mandar un correo electrónico á seguinte dirección: enapas.ceip.valle.inclan@gmail.com.
A inscrición será necesaria para poder recibir o enlace a reunión en CISCO WEBEX de cada charla.
Así que vos animamos a que asistades as nosas ENAPAS, xa que entre todos
e todas poderemos construír un centro mellor.
Atentamente, o equipo das ENAPAS do CEIP Valle-Inclán.