Entorno_saudable
PRIMEIRA VIAXE DE OBSERVACIÓN CO PROGRAMA ERASMUS: FINLANDIA
Enviado por Anónimo o Sáb, 30/04/2022 - 23:29A nosa compañeira Chus, viaxou a Finlandia co Programa Erasmus, no que participamos, para observar outros centros, metodoloxías e sistemas educativos. Agardamos veñan cheos de novidades, aprendizaxes e propostas, para levar a cabo cos nosos nenos e nenas.
Os veleiros verdes
Enviado por Anónimo o Lun, 18/04/2022 - 17:34E aquí están os nosos veleiros verdes, verdes coma o planeta que queremos!
O xardín vertical do Valle Inclán
Enviado por Anónimo o Lun, 18/04/2022 - 16:26Plantas, flores e plantas aromáticas para o noso xardín vertical!
Os pequenos e pequenas reciclamos!
Enviado por Anónimo o Lun, 18/04/2022 - 16:07Aprendemos a separar o plástico, do papel e dos restos orgánicos.
Tamén a separar os rotus, bolis, pinturas...que xa están esgotados para a súa reciclaxe.
Na beira do mar hai moito que ver
Enviado por Anónimo o Lun, 14/03/2022 - 23:47Coñecer a contorna axuda a respectala.
O alumnado de 6º está a explicar aos máis pequenos/as unha exposición que temos nos corredores sobre o medio mariño.
Pósters sobre as árbores do noso centro
Enviado por Anónimo o Xov, 10/02/2022 - 23:56O alumnado de sexto de Primaria púxose mans á obra e observou, investigou e fixo grupos de traballo para elaborar pósters sobre cada unha das árbores que hai no noso recinto. Velaquí o resultado que se expuxo nos corredores.
As árbores do noso colexio
Enviado por Anónimo o Xov, 10/02/2022 - 23:41Non queremos que as árbores do colexio sexan "eses descoñecidos", e a maioría do alumnado non sabe o nome de moitas árbores dos patios onde xogan. Desta observación nace unha publicación que se fixo no noso Centro, que pretende achegar aos nenos e nenas a contorna próxima mediante información científica, educativa e anecdótica que permita o traballo da natureza do CEIP Ramón Mª Valle Inclán.
1º CICLO
Enviado por Anónimo o Lun, 15/11/2021 - 20:44Gozamos moito no noso patio cando saimos ao recreo. Gústannos xogar ás agochadas detrás das árbores, recoller ourizos no outono, falar deitados na herba...pero para isto non pode haber lixo tirado no chan . Por iso, aproveitamos algúns momentos para baixar ao patio e recoller todos os envases e plásticos que imos atopando.