Para que as cousas suceden primeiro hai que soñalas.

Así comeza o noso proxecto educativo para este ano da man de "Virutas y el Arcoiris" libro de Marta Álvaro.

 

Temos un soño, acadar unha eduación de cores, e para acadala precisamos da axuda do noso alumnado. Deben decidir que queren ou poden facer para axudarnos a lograr o  noso soño.

É emocionante ver como se lles ilumina  a cara ante as nosas suxerencias e propostas, principalmente ante o proxecto da cociña e da horta. Gustaríame agradecer desde aquí a tod@s os alumos e alumnas  e mestres a súa ilusión e colaboración, e de xeito moi especial a Roi (2ºA) e Jesús (4º C).

    

 

Como di Jesús "Poco a poco nuestro mundo se va llenando de color".

A vendima

O pasado día 28 de setembro os nenos e as nenas de 6º EP foron vendimar á Viña Ártabra, no lugar de Viraventos. Vendimaron uvas da variedade mencía e godello. Aí vos vai unha mostra do que traballaron e do ben que o pasaron.  

A VENDIMA

MENÚ

Gaudem Institute              Primeros pasos para un celiaco

 MENÚ XENÉRICO                                           MENÚ CELÍACO 

 

EMPEZA O COLE


O alumnado de 1º de Primaria accederá pola entrada principal (igual que os demais), e poderán ir acompañados das familias ata a porta principal do edificio B (antigo edificio de Infantil).
No percorrido estará personal do colexio para indicarlles ás familias cara a onde se deben dirixir.
Na porta do edificio estarán colocados en lugar visible os listados dos alumnos coa súa titora/titor correspondente, pero serán chamados por orde de lista.

As familias poderán acompañarlos ata a aula para deixar o material e vela.

IV Xornadas de Formación e Sensibilización sobre Atención a DIVERSIDADE

 

 

Os pasados 29 e 30 de maio, na Aula de Cultura "Xulio Cuns" (Edificio Liceo)de Betanzos, celebraremos as IV Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade, dirixidas a docentes, pais e nais e interesados en xeral.

 

 

Imaxes do acto.

O CEIP Francisco Vales Villamarín Premio Nacional de Educación do MEC

Clica unha ou dúas veces na imaxe para ver algunhas fotos do acto.

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ven de conceder os Premios Nacionais de Educación correspondentes ao ano 2014.

O proxecto presentado polo noso centro co título "Atención a la diversidad a través de la sensibilización y la formación permanente. Seguimos o plantamos" acadou o premio no apartado correspondente a INCLUSIÓN DO ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

¿SEGUIMOS O PLANTAMOS?

Libro Lim Xosé María Díaz Castro.

Xosé María Díaz Castro. Letras Galegas 2014
Clica na imaxe para xogar
Para ver os vídeos das Letras Galegas visitade o blogue "Non te cortes coa lingua". 

Publicado por: macape

Mini e Mero no Vales

MIMI E MERO
O pasado martes 29 de abril ás 16:30 tivemos connosco a  Mini e Mero (músicos, poetas, mestres, investigadores do folklore e a cultura tradicional galega e membros históricos de Fuxan os Ventos).
Pasamos unha boa tarde con eles. Acercáronnos á poesía de Xosé María Díaz Castro. Aquí pódese ver uns momentos da súa intervención: A balada da araña e o Poema Penélope. Xa están publicados outros vídeos da actuación.
 Non te cortes coa lingua ( blogue de dinamización lingüística)
Distribuir contido