SAÍDAS 6º PRIMARIA

Durante estes dous últimos meses o alumnado de 6º de Educación Primaria participou en varias actividades. Aquí vos deixamos unha mostra de dúas delas.

A visita ao Eroski, onde coñeceron o funcionamento do supermercado.

 

Un paseo polo Mandeo na Diana Cazadora, onde puideron descubrir a riqueza natural que agocha o noso río.

 

 

FEIRA MEDIEVALES

O pasado venres 15 púxose punto e final ó PDI MedieVALES coa celebración dunha Feira Medieval.
Un día cheo de nervios, de moito traballo que resultou un éxito.
Parabéns a todos e todas polo voso traballo e moi especialmente ó noso alumnado polo seu comportamento, actitude, saber estar e participación.
Déstesnos unha gran lección!
 

CIRCULAR FIN DE CURSO

Na circular de fin de curso hai informacións de interés. Para vela, prema na imaxe.

Resultado de imagen de INFORMACION

ADORNOS FLORAIS

Os nenos e nenas de 1º de Primaria aprendemos a facer adornos florais con Josefina. Pinchade no enlace para ver o obradoiro.

 

http://ahortademero.blogspot.com/2018/06/aprendemos-crear-con-flores.html

PREMIO "MELLOR PROXECTO DE FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO"

O CEIP Francisco Vales Villamarín recibiu o Premio ao "MELLOR PROXECTO DE FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO" no acto de entrega que tivo lugar o martes, 12 de xuño, na sala Eisenman do Gaiás (Santiago de Compostela).

PARABÉNS PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA!!!

 

CONVIENCIA PRIMARIA

Da man do Principiño, dalgúns dos profes de Primaria e do alumnado de !º de Educación Primaria, os nenos e nenas de 6º de Infantil e das unitarias de Areas, Viñas, Ois e Coirós coñeceron o cole de Primaria.

 

PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2018-2019

O prazo de matrícula para o alumnado que solicitou a  admisión para o curso 2018-2019, así como para o alumnado que decida matricularse agora, será do 20 ao 30 de xuño.

1. Información sobre a matrícula.

2. Anexo III (solicitude de matrícula).

3. Documento de lingua materna (só para 4º de infantil).


Se non se entregaron ao facer a solicitude.

4. Autorización de matrícula.

5. Solicitude de transporte escolar.

 

EXPOSICIÓN MEDIEVALES EN VOZ NATURA

O pasado fin de semana celebrouse a festa Voz Natura, na que o cole participou un ano máis. Se queredes ver o chula que quedou a Expo de MedieVales, pinchade aquí

http://ahortademero.blogspot.com/2018/06/exposicion-medievales-en-voz-natura.html

SEGUIMOS APRENDENDO SOBRE A IDADE MEDIA

Nenos e nenas de 1º Educación Primaria fumos de excursión á Fortaleza de San Paio de Narla e ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes para seguir aprendendo cousas sobre a Idade Media.

XORNADA DE CONVIVENCIA COAS UNITARIAS DE COIRÓS

O venres os nenos e as nenas de 6º de Educación Infantil participaron nunha xornada de convivencia cos nenos e nenas das Escolas Unitarias de Coirós e Ois. Compartiron unha mañá chea de emoción e diversión. Despois das distintas presentacións, viron un espectáculo de monicreques, xogaron a distintos xogos medievais e sobre todo coviviron cos seus futuros compañeiros de cole!!

 

Distribuir contido