CIRCULAR INICIO DE CURSO 2018-2019

Para visualizar a circular de inicio do curso 2018-2019, con información importante para a comunidade educativa, prema na imaxe.

Resultado de imagen de INFORMACION FAMILIAS

NOVO CURSO

Un novo curso comeza e con el novas ilusións e proxectos. Este curso que empezamos 2018/2019 temos entre mans un novo Proxecto Documental Integrado. Continuando a viaxe comezada hai dous anos, primeiro en globo a distintos países do mundo, logo adentrándonos na idade media, este ano imos cara o futuro.

Da man de "O Principiño" de Antoine de Saint-Exupéry o cole sumérxese no "Vales para o futuro".

Aquí vos deixo os murais de benvida dos edificios de Infantil e Primaria cara unha nova aventura.

  Edificio de Infantil

 

Edificio de Primaria

 

BECAS NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS CURSO 2018/2019

Publicouse no BOE de 14 de agosto de 2018 

Extracto de la Resolución de la Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional, por la que se convocan ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2018-2019

Ditas Becas están dirixidas a alumnado con necesidades educativas especiais "derivadas de discapacidade  ou trastorno grave de conduta" e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo asociadas a altas capacidades intelectuais.

Para acceder ao texto completo da convocatoria pinchar aquí.

Para máis información sobre o procedemento para a súa solicitude pinchar aquí.

Prazo de solicitudes: ata o 27 de setembro.

LISTAXE DEFINITIVA DE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Publicada a listaxe DEFINITIVA do fondo solidario de libros de texto.

Para consultar a listaxe, prema na imaxe.

Os libros entregaranse en setembro.

 Resultado de imagen de LIBROS DE TEXTO

LIBROS DE TEXTO 2018-2019

Para ver a relación de libros de texto para o curso 2018/2019, prema na imaxe.

Resultado de imagen de libros de texto

TELEMEDIEVALES 4

As nenas e nenos de 6º A ofrécennos,  a última edición deste curso, do Telemedievales

.

ACTIVIDADES 5º

Nenos e nenas de 5º de Primaria coñeceron o proceso de elaboración do mel, na casa do mel de Arzúa e logo visitaron o mosteiro de Sobrado dos Monxes. Tamén participaron nunha xornada de convivencia e de xogos no campo dos Caneiros.

ACTIVIDADES 5º on PhotoPeach

SAÍDAS 6º PRIMARIA

Durante estes dous últimos meses o alumnado de 6º de Educación Primaria participou en varias actividades. Aquí vos deixamos unha mostra de dúas delas.

A visita ao Eroski, onde coñeceron o funcionamento do supermercado.

 

Un paseo polo Mandeo na Diana Cazadora, onde puideron descubrir a riqueza natural que agocha o noso río.

 

 

FEIRA MEDIEVALES

O pasado venres 15 púxose punto e final ó PDI MedieVALES coa celebración dunha Feira Medieval.
Un día cheo de nervios, de moito traballo que resultou un éxito.
Parabéns a todos e todas polo voso traballo e moi especialmente ó noso alumnado polo seu comportamento, actitude, saber estar e participación.
Déstesnos unha gran lección!
 

Distribuir contido