1º VISITA A GRANXA DE BELELLE

A cativada de 1º visitou a granxa escola de Belelle. Alí fixeron distintos obradoiros: elaboración de pan, dar de comer aos animaliños e pasárono en grande montando en poni! Botádelle unha ollada ao vídeo!!

QUINCENA DO LIBRO

Este ano, para celebrar como se merece o Día do Libro, festexámolo durante dúas semanas cunha chea de actividades. PREMEDE NAS IMAXES para ver algunhas das cousas que fixemos!!

AÍ VEN O MAIO...

Xa chegou o mes de maio, e para darlle a benvida adornamos a entrada do cole con flores!!

CLICADE NA IMAXE

ENCANTO, Walt Disney

A rapazada de 3º de Primaria achegouse ata o cine Alfonsetti para ver a película "Encanto", de Disney.

No alto das montañas de Colombia hai un lugar encantado chamado Encanto. Aquí, nunha casa máxica, vive a familia Madrigal, todos teñen fantásticas habilidades agás Mirabel. Mais un día están a piques de perdelas... Quen os salvará?

PREMEDE NA IMAXE

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Becas FP, Bachillerato y otros estudios no universitarios para el curso  2002-23 | CIFP LAS INDIAS

 Convócanse, para o curso 2023-2024, axudas individualizadas para os alumnos con Necesidade Específica de Apoio Educativo.

Asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista). Así como axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

>> Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

>> Acceso á solicitudehttps://sede.educacion.gob.es/portada.html

 

ROTEIRO DOS MUÍÑOS

Nenos e nenas de 3º de Primaria participaron nun roteiro aos muíños de Caraña. Saíron do cole parándose a observar os ríos Mendo e Mandeo na súa desembocadura. Pasearon pola Ribeira cara ao Xuncaliño e dende alí subiron ata Caraña. Puideron ver os antigos muíños e a fábrica de curtidos que se atopa á beira do río Pelamios, afluente do Mandeo. Despois de repoñer forzas no parque do Xuncaliño, achegáronse ata a estación de tren e a depuradora de Betanzos. Aprenderon un montón de cousas!!

PREMEDE NA IMAXE

PATIO ANDALUZ

Os nenos e nenas de 1º de Primaria quixeron adornar con macetas nas paredes un dos recunchos do patio.

Premede na imaxe!

 

 

Distribuir contido