Xandre o elefante sen sombra

Publicamos no bloque de xogos didácticos os contos de Xandre, o elefante sen
sombra
. Conto e actividades realizadas por membros da asociación TADEGa.

Moitas grazas a todos eles polo seu traballo
e adicación así como por compartilo con todos nós. 

 "...Xandre é un longo soño con longos traballos para chegar a facelo
real. Nel se resumen moitos debates cun consenso: a diversidade
funcional, a discapacidade, a atención á diversidade, non son cousas
para anotar nun caderno e morrer nun caixón. Son persoas como ti e como
eu que demandan con xustiza saír do mundo da invisibilidade e facerse
cidadáns reais en pé de igualdade. Ese é o noso afán (o de TADEGa e o de todas e todos nós).

Grazas por escoitarnos. "

extracto obtido da web de TADEGa presentando o proxecto.