ENTREVISTA NA RADIO ESCOLAR A D. JOSÉ-DOMINGO VALES VÍA

Aproveitando a visita do fillo de D. Francisco Vales Villamarín, o alumnado de sexto de Primaria realizoulle unha entrevista na Radio Escolar.

 Se quere escoitala, PREMA NA IMAXE.

50º ANIVERSARIO. 16 DE MAIO DE 2023

Agradecemos a presenza neste acto aos organismos oficiais, institucións, asociacións e entidades relacionadas con este centro así como a todas aquelas persoas que de forma individual se senten vinculadas con el, alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos.

Moitísimas grazas por todo!

Pode ver distintos momentos do acto PREMENDO NA IMAXE.

 

 

CIEC

Hai uns días a rapazada de 6º de Primaria visitou a igrexa de Santa María do Azougue, onde prestou moita atención ás explicacións de Julián, ex profesor do IES Francisco Aguiar. A continuación, foron ao CIEC onde intentaron reproducir o visto na igrexa.

PREMEDE NA IMAXE!

HORTO AROMÁTICO

Os nenos e nenas de 6º de Infantil visitaron Primaria para facer un percorrido polo horto aromático da man dos seus responsables, a rapazada de 6ºE.

CLICADE NA IMAXE

CHARLA ENFERMIDADES RARAS

Nenas e nenos de 2º de Primaria a través do conto de Federito, un trevo de 4 follas, aprenderon un pouquiño sobre que é iso das enfermidades raras.

 

CAMPAMENTO DE VERÁN DO CONCELLO DE BETANZOS

O Concello de Betanzos abre o prazo para solicitar o campamento de verán Betanzos Concilia 2023.

prazo de inscrición vai estar operativo dende o luns 15 de maio ata o mércores 31 de maio. E as solicitudes deben realizarse de forma preferente na sede electrónica do Concello de Betanzos.

 Pode ver a información completa premendo na imaxe e accedendo á páxina web do Concello de Betanzos.

 

MUSEO AS MARIÑAS

Hai uns días, alumnado de 2º e 4º de Primaria visitou o Museo das Mariñas, para coñecer un pouco da historia da nosa vila e aprender sobre o traxe galego. Botádelle unha ollada ao vídeo!!

premede na imaxe

DÍA DA LINGUA INGLESA

Hai uns días, o 25 de abril, conmemorouse o Día da Lingua Inglesa. Dende a biblioteca de infantil organizáronse contacontos e un obradoiro para aprender as partes da cara en inglés.

premede na imaxe!

Distribuir contido