Un ano máis...preto da ESO
A semana pasada o alumnado de 6º EP visitou o IES Francisco Aguiar para coñecer un poco máis como vai ser a nova etapa educativa na que pronto se atoparán. Da man do Director e Vicedirector coñecimos as instalacións, organización e actividades do centro e, alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO, déronnos sabios consellos para poder afrontar con éxito, ánimo e ilusión a nova etapa.
Moitas grazas, un ano máis, pola acollida!.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
paso a la ESO.pdf | 818.58 KB |