Felices vacacións!
Sabiades que para que as cousas sucedan, primeiro hai que soñalas?
O Equipo Docente do Vales soñamos con acadar unha escola de cores para todo se todas, onde o noso alumnado desfrute aprendendo, onde todos e todas se sintan incluídos e veñan á escola contentos e con ilusión. Gracias ao traballo de toda a Comunidade Educativa estamos máis pretos de acadalo. Neste vídeo, que se realizou con motivo das V Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade, podes ver as actividades que contribuíron, ao longo deste curso, a mellorar a convivencia do centro e acadar o no soño.
Pinchade na imaxe para acceder
Moitas grazas a td@s. Felices merecidas vacacións e......seguiremos a soñar.
DEPARTAMENTO ORIENTACIÓN