XORNADA DE CONVIVENCIA EN COIRÓS

O pasado venres día 10 de xuño, as escolas de EEI Coirós de Arriba e EEI de Fontelo - Ois, convidaron a todo o alumnado de 6º EI e ao seu profesorado a unha estupenda xornada de convivencia. Puidemos soñar e bailar cos contos de Baobab Teatro, disfrutar dunha sabrosa merenda e divertirnos xogando e cantando tod@s xunt@s. Desde o Vales queremos agradecer aos alumnos e alumnas das escolas unitarias de Coirós, ás súas mestras, Olga e Conchi, ás familias e colaboradores e ao Concello a mágnifica festa organizada. Parabéns pola organización e gracias, mil gracias por contribuir a acadar o noso soño: Unha escola de calidade para tod@s, onde se disfrute aprendendo, en e para a Comunidade.