DÍA DAS PERSOAS CON DEFICIENCIA AUDITIVA
27 DE SETEMBRO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DEFICIENCIA AUDITIVA
Desde o nosos centro queremos lembrar a conmemoración de esta data para continuar coa sensibilización e formación sobre a diversidade en xeral, entendida coma un valor, e as discapacidades en particular
As deficiencias auditivas, tamén denominadas pérdidas auditivas ou hipoacusias, ocorren cando hai un problema nos órganos da audición. Unha persoa cunha deficiencia auditiva pode ser capaz de oír algúns sons ou pode non oír nada en absoluto. A palabra deficiencia significa que algo non está funcionando correctamente ou tan ben como debería.
As dificultades dos xordos non lles afecta por igual á totalidade dos mesmos. As súas diferencias individuais xurden da combinatoria dunha serie de variables persoais (inicio da xordeira, momento de detección, grado da xordeira, localización da lesión, etioloxía) e de contexto (ambiente familiar e escolar)
Precisan de axudas técnicas que faciliten a audición e percepción dos sons e a fala como os audífonos e/ou implantes cocleares, os equipos de FM... e, para comunicarse, soen apoiarse na lectura labial e nos sistemas alternativos e aumentativos de comunicación como o sitema bimodal, a palabra complementada, a linguaxe de signos...
Os equipos de Frecuencia Modulada son axudas técnicas que s e empregan na escola para mellorar a calidade do estímulo auditivo para as persoas xordas. Este curso, por fin, contaremos con el no noso centro!