AbalarMobil
Enviado por admin o Mar, 28/09/2021 - 22:32Dende o centro lembramos ás familias a existencia da ferramenta AbarMóbil como un recurso que nos ofrece a Consellería para as diferentes comunicacións do profesorado coas familias, (mensaxería, publicación de cualificacións, avisos, etcétera). AbalarMóbil será a ferramenta de uso prioritario por parte do claustro.
Na marxe dereita dispoñedes do enlace correspondente.
Neste enlace (nos arquivos adxuntos), atoparedes a Guía para as familias da devandita aplicación.
CALENDARIO PARA A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR (RENOVACIÓN - 2024)
Enviado por admin o Mér, 16/10/2024 - 09:50Adxúntase o calendario para a renovación dos membros do Consello Escolar.
Calendario escolar. Curso 24 - 25
Enviado por admin o Mér, 12/06/2024 - 12:06No arquivo adxunto tedes á vosa disposición o calendario escolar para o vindeiro curso 24 - 25.
Comezo da actividade lectiva: Mércores, 11 de setembro
Último día de clases: Venres, 20 de xuño
Ademáis lembrámosvos as seguintes datas e períodos non lectivos do curso:
15/10: Santa Teresa - Festivo local (martes)
31/10: Día do Ensino (xoves)
01/11: Todos os Santos (venres)
06/12: Constitución (venres)
23/12 - 07/01: Vacacións de Nadal (ambos incluídos)
3, 4 e 5/03: Entroido
14/04 - 21/04: Semana Santa (ambos inclusive)
01/05: Día do Traballo - (xoves)
09/06: Luns de Pentecostés - Festivo local
Avaliacións. Entrega de notas a través da aplicación ABALAR:
1ª avaliación: 20/12
2ª avaliación: 21/03
3ª avaliación: 25/06
FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR, CURSO 24/25
Enviado por Inglés o Lun, 27/05/2024 - 23:53PUBLICADA A ORDE QUE REGULA O FONDO SOLIDARIO PARA MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO. CURSO 24/25
Prazo presentación: 21 maio ata 21 xuño 2024, este incluído.
Normativa: ORDE 7 maio de 2024 (DOGA 20 de maio 2024)
Aplicación informática: www.edu.xunta.gal/fondolibros
Procedemento administrativo: ED330B
Opcións presentación:
- Electrónica: as solicitudes deberán presentarse preferiblemente por sede electrónica. Necesitará, CHAVE 365, Certificado Dixital ou DNI electrónico. IMPORTANTE nesta presentación deberá facer unha solicitude individual por cada fillo/a.
- Presencial con asistencia da aplicación: cubra a solicitude na aplicación, imprima e preséntea no centro educativo debidamente asinada.
- Presencial manual: cubra a solicitude e preséntea no centro educativo asinada. Neste caso a solicitude será única para todos os irmáns.
Beneficiarios:
- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de E.Primario e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO
- Axudas para libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de E.Primario e en Ed. Especial.
- Axudas para material escolar: alumnado matriculado en E.Primario, E.S.O e E.Especial.