blogue deInglés
FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR, CURSO 24/25
Enviado por Inglés o Mar, 28/05/2024 - 00:53PUBLICADA A ORDE QUE REGULA O FONDO SOLIDARIO PARA MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO. CURSO 24/25
Prazo presentación: 21 maio ata 21 xuño 2024, este incluído.
Normativa: ORDE 7 maio de 2024 (DOGA 20 de maio 2024)
Aplicación informática: www.edu.xunta.gal/fondolibros
Procedemento administrativo: ED330B
Opcións presentación:
- Electrónica: as solicitudes deberán presentarse preferiblemente por sede electrónica. Necesitará, CHAVE 365, Certificado Dixital ou DNI electrónico. IMPORTANTE nesta presentación deberá facer unha solicitude individual por cada fillo/a.
- Presencial con asistencia da aplicación: cubra a solicitude na aplicación, imprima e preséntea no centro educativo debidamente asinada.
- Presencial manual: cubra a solicitude e preséntea no centro educativo asinada. Neste caso a solicitude será única para todos os irmáns.
Beneficiarios:
- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de E.Primario e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO
- Axudas para libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de E.Primario e en Ed. Especial.
- Axudas para material escolar: alumnado matriculado en E.Primario, E.S.O e E.Especial.
AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 23/24
Enviado por Inglés o Lun, 01/04/2024 - 12:33AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 23/24
En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso terá lugar a realización dunha Avaliación de Diagnóstico para o alumnado de 4º E.P. e 2º E.S.O.
No caso de Galicia serán os próximos días 10 e 11 de abril de 2024.
Para máis información:
![RSS - blogue deInglés Distribuir contido](/centros/ceipvaleixe/misc/feed.png)