Actividades pola Semana do Libro

tedes unha escolma das actividades que fixemos na escola para conmemorar a semana do libro, co gallo do 23 de abril, día do libro.

Entre outras actividades fixemos un contacontos na biblioteca do cole, creación de marcapáxinas, as portadas cos contos favoritas dos nenos e nenas...

Para que poidades ver todo o que fixemos aí tedes un vídeo-resumo:

ADMISION CURSO 2021/2022: Publicación das listaxes provisionais

Dende hoxe martes 6 de abril, podedes consultar as listaxes provisionais de admitidos para o curso 2021-2022.

Seguindo instruccións da Consellería de Educación, NON podemos publicar as listaxes na web do centro por mor da Lei de protección de datos.

Podedes consultalas:

PRESENCIALMENTE: Acudindo ao colexio, as tedes no taboleiro no patio cuberto, al lado da aula de Primaria.

TELEMÁTICAMENTE: A través da aplicación admisionalumnado.

Entroido 2021 no CEIP de Tabeaio!

Ola familias!

Aí tedes un video resumo con todalas actividades que fixemos ao longo desta semana de Entroido nas aulas de Infantil e Primaria. Agradecemento especial a Paula, a nai de Artai e Hiar, que fixo dous sesións de contacontos para os nenos.

Tedes fotos no blogue de Infantil e no blogue de Primaria.

Esperamos que o desfrutedes! Unha aperta e bo Entroido!

Entroido 2021!

O Entroido está moi preto e dende o CEIP de Tabeaio imos a realizar ao longo da semana previa (do 8 ao 15 de febreiro) unha serie de mandadiños. Os tedes eiquí debaixo para que os vaiades preparando. Esperamos moita orixinalidade.

Traballamos 'O Tempo Atmosférico'

Rematamos a unidade de Ciencias Sociais adicada ao 'Tempo Meteorolóxico'. Aquí tedes o video que fixemos como remate coa cacnión 'Botas de goma' de Pablo Díaz

 Tedes máis info no blog de Primaria: http://trasnosnaescola.blogspot.com/2021/01/traballamos-o-tempo-atmosferico.html

Comezo do Programa de Froita Escolar

Ola familias!

O vindeiro xoves 14 de xaneiro e ata o mércores 27 porase en marcha o 1º período de reparto de froita na escola.

O proxecto ten por obxecto o fomento do consumo de froitas frescas e configurar hábitos alimentarios saudables no alumnado. Deste xeito durante estes días os nenos poderán tomar na escola froitas de temporada coma uva, melón, plátano, pera, arándano, kiwi, mazá ou granada.

Tedes máis info sobre o proxecto en: Aliméntate ben.

Unha aperta!

ADMISIÓN 2021/2022: Apertura de prazos para a reserva de praza no CEIP Vicente Otero Valcárcel

De acordo co establecido na ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 que desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006

BO NADAL COA HISTORIA DO APALPADOR!

Dende o centro desexámosvos unhas felices festas!!!

Esperamos que disfrutedes deste vídeo feito polos nenos e nenas do noso centro. 

 

PROTOCOLO de ADAPTACIÓN ao contexto COVID-19 do CEIP de Tabeaio

Ola familias!

Seguro que tedes algunhas dúbidas e preguntas sobre o deseño e as adaptacións a este curso tan singular. No 'Protocolo de Adaptación ao contexto COVID-19 do CEIP de Tabeaio' atoparedes moitas das respostas. Tamén tede en conta que será un documento actualizable según as circunstancias que vaian xurdindo. Imos pola versión 4.0. Trátase dun documento baseado en instruccións da Consellería de Sanidade e Educación. Podedes ver o documento premendo AQUÍ. Se queredes ver o derradeiro protocolo oficial da Consellería de Educación podedes premer AQUI.

Unha aperta!

Distribuir contido