Estimadas familias,
o Concello de Carral habilita puntos de recollida para axudar a Valencia desde hoxe e ata o xoves, 7 de novembro.
Podedes colaborar aportando alimentos e outros materiais como roupa interior nova, botas de goma de varios números e produtos alimentarios para animais en varios puntos de recollida.
Puntos de entrega:
- Supermercado Eroski
- Supermercado Froiz
- A Nosa Horta
- Casa do Concello
- Casa da Cultura
- Colexio Vicente Otero
- Colexio Tabeaio
Toda axuda é importante! Colabora e contribúe para facer a diferencia
Enlace á publicación coa información proporcionada polo Concello:
https://www.facebook.com/share/p/VRvc2TMLVNmC6zVr/
Gracias a todos e a todas.
Estimadas familias,
trala constitución hoxe da Xunta Electoral, dende o mércores 23 de outubro ás 9:00 horas ábrese o prazo para a presentación de candidaturas e a consulta do censo electoral que estará dispoñible no taboleiro da biblioteca. Tamén as posibles reclamacións ao censo de existiren algún erro.
O prazo de presentación de candidaturas e reclamacións ao censo rematará o vindeiro martes 29 de outubro ás 9:00 horas.
Nos adxuntos a esta publicación podedes consultar o calendario e o modelo para presentar a vosa candidatura ás eleccións ao Consello Escolar.
Estimadas familias,
no DOG do 18/09/2024, publicouse a Resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
O Consello Escolar é un órgano de goberno do Colexio no que participan os distintos membros da Comunidade Educativa: pais, nai e titores/as legais dos mesmos, docentes, persoal non docente e Concello.
O curso escolar comeza o mércores 11 de setembro de 2024 no horario habitual, agás para o alumnado de nova incorporación de educación infantil, que seguirá o horario do período de adaptación, sempre que sexa posible.
As reunións previstas durante o mes de setembro son:
-Reunión grupal educación infantil: luns 16 de setembro ás 16:00 horas.
-Reunión grupal educación primaria: luns 16 de setembro ás 17:00 horas.
A continuación podedes consultar as listaxes de libros de texto e materiais para o curso 2024-2025.
En Educación Infantil e 1º de Educación Primaria non hai libros de texto.
Libros de texto Educación Primaria
Listaxe material Educación Primaria
Listaxe material Educación Infantil
Do 3 ao 7 de xuño contaremos cun Punto Limpo Móbil no noso centro, onde poderedes depositar os seguintes residuos: lámpadas, pilas, CD/DVD, aerosois, baterías, botes de pintura e pequenos aparatos electrónicos.
A súa ubicación será no patio traseiro da escola.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.
Información axudas libros de texto 2024-2025
Xa está aberto o prazo para solicitar as becas e axudas para alumnos con necesidad específica de apoio educativo.
Toda a información pode consultarse a través da seguinte ligazón.
O prazo é do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.