Estimadas familias!
Trala constitución onte da Xunta Electoral, dende mañá ábrese o prazo para a presentación de candidaturas e a consulta do censo electoral. Tamén as posibles reclamacións ao censo de existiren algún erro.
O prazo de presentación de candidaturas rematará o vindeiro xoves 11 de novembro.
Ola familias!
Poñemos a disposición da comunidade educativa a actualización dos plans de Adaptación e Continxencia do CEIP de Tabeaio para o curso 2021/2022. Os podedes descargar no menú da dereita da web 'INFO COVID-19' ou no Menú de 'SECRETARÍA' - Documentos na esquerda da web.
Unha aperta!
Ola familias!
Publicamos o 'Programa de Acollida á Covid-19' para este vindeiro curso 2021-2022.
Tamén está incluído o plan de adaptación para os nenos de nova incorporación.
Podedes descargalo pinchando AQUÍ ou accedendo no apartado SECRETARIA > Documentos
Unha aperta!
A continuación adxunto o documento coa LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO para EDUCACIÓN PRIMARIA para o CURSO 2021-2022.
Esta semana viñeron de Radio Voz para entrevistarnos polo proxecto de 'Voz Natura' que fixemos no centro este curso: 'Carral no camiño'. Aí tedes un dos vídeos que nos grabaron na horta da escola e que subiron as redes sociais. En canto teñámolo audio da entrevista a subimos tamén a web.
A continuación detállase a DOCUMENTACIÓN NECESARIA para a formalización de la MATRÍCULA para o alumnado de 3 ANOS ou de NOVA INCORPORACIÓN:
Aí tedes o video que fixemos na escola para comemorar as Letras Galegas 2021. Partimos do poema de Xela Arias 'Todos os bebés son tu', recitado polos nenos de Primaria con fotos dos alumnos de toda a escola de cando eran bebés. Moitas grazas pola vosa colaboración.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22.
DESTINATARIOS:
Axudas para adquirir libros de texto: ALUMNADO DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Axudas para adquirir material escolar: ALUMNADO DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Xa podedes consultar as listaxes definitivas de admitidos para o curso 2021-2022.
Seguindo instruccións da Consellería de Educación, NON podemos publicar as listaxes na web do centro por mor da Lei de protección de datos.
Podedes consultalas:
PRESENCIALMENTE: Acudindo ao colexio, as tedes no taboleiro no patio cuberto, al lado da aula de Primaria.
TELEMÁTICAMENTE: A través da aplicación admisionalumnado.
Aquí vos deixamos un Genially feito pola escola sobre Xela Arias, a escritora a que este ano se lle rinde homenaxe no 'Día das Letras Galegas 2021'