Reunións inicio de curso 2023-2024

O curso escolar comeza o luns 11 de setembro de 2023 no horario habitual, agás para o alumnado de nova incorporación de educación infantil, que seguirá o horario do período de adaptación, sempre que sexa posible.

As reunións previstas durante o mes de setembro son:

-Reunión período de adaptación alumnado de infantil de nova incorporación ao centro: martes 5 de setembro ás 13:00 horas.

-Reunión grupal educación infantil: luns 25 de setembro ás 16:00 horas.

-Reunión grupal educación primaria: luns 25 de setembro ás 17:00 horas.

Libros de texto e material curso 2023-2024

A continuación podedes consultar as listaxes de libros de texto e materiais para o curso 2023-2024.

En Educación Infantil non hai libros de texto.

                       

 

MATRÍCULA 2023-2024

Todo o alumnado admitido neste centro para o próximo curso 2023-2024 ten que formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño, polo que deben pasar polo centro a recoller o sobre coa documentación.
 
* Solicitar cita previa para a recollida e entrega de documentación a través do seguinte email:
ceip.tabeaio@edu.xunta.gal
 
                            
 

ADMISIÓN CURSO 2023/2024

Estimadas familias:

Informamos que todas as solicitudes presentadas (tanto en infantil como primaria) resultaron admitidas ao non haber máis solicitudes que prazas.

Publicarase a listaxe provisional o 25 de abril que poderá consultarse no centro e telematicamente, a través da aplicación admisiónalumnado.

Publicarase a listaxe definitiva o 15 de maio que poderá consultarse no centro e telematicamente, a través da aplicación admisiónalumnado.

 

Prazo de matrícula do 20 ao 30 de xuño.

*Colgaremos máis información ao respecto no mes de xuño.

 

Tal e como se recolle no artigo 5 da Orde de 21 de outubro de 2022 que regula a admisión de alumnos/as, a admisión e a matriculación nun centro docente público ou privado concertado implicarán respectar o proxecto educativo e o carácter propio do centro privado concertado, se o tivese.

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS CURSO 2023/2024

O período para presentar solicitude de admisión en centros docentes sostidos con fondos públicos abranguerá dende o día 1 ata o 20 de marzo. Para obter máis información sobre o proceso e o centro terán poden asistir á Xornada de Portas Abertas que terá lugar o luns 6 de marzo ás 17:00 horas.

 

                                            

 

-Calendario, prazas, áreas de influenza e normas do proceso.

-A solicitude realizarase, preferentemente, por vía telemática, a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

-Impreso para a solicitude de admisión.

-Entrega de solicitudes, pedir cita previa a través do seguinte email: ceip.tabeaio@edu.xunta.gal

 

LEXISLACIÓN APLICABLE:

Xornadas de portas abertas

O luns 6 de marzo de 17:00 a 18:00 horas terá unha Xornada de Portas Abertas para que queira vir a coñecer o noso centro.

                                                       

Entroido 2023!

Xa estamos a piques de que chegue o Entroido e dende o CEIP de Tabeaio imos realizar ao longo da semana que ven (do 13 ao 17 de febreiro) os mandadiños da festa, que foron ideados polo alumnado de primaria.
 
                                             
 
 
 

ADMISIÓN CURSO 2023/2024: Apertura do prazo para a reserva de praza no CEIP Vicente Otero Valcárcel o vindeiro curso

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro e Orde do 21 de outubro de 2022 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, regulan o procedemento para a admisión e matriculación do alumnado nos centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, primaria, educación secundaria obligatoria e bacharelato.

 

                                                                     

 

RESERVA DE PRAZA:

Calendario de eleccións ao Consello Escolar

Estimadas familias!

Trala constitución hoxe da Xunta Electoral, dende o xoves 10 de novembro ás 9:00 horas ábrese o prazo para a presentación de candidaturas e a consulta do censo electoral que estará dispoñible no centro. Tamén as posibles reclamacións ao censo de existiren algún erro.

O prazo de presentación de candidaturas e reclamacións ao censo rematará o vindeiro xoves 17 de novembro ás 9:00 horas.

 

                                                  

Distribuir contido