ADMISIÓN 2020/2021: Reapertura do prazo de admisión de alumnado

No DOG do 6 de maio publícase o 'Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado para o curso 2020/2021'.

Para a realización e seguimento deste acordo o centro informa do seguinte:

  • O novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio (ambos inclusive), en horario de 10:30h a 13:30h no centro educativo ou de forma telemática en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

     Recordamos a documentación a presentar xunto coa solicitude:

    • Libro de familia ou DNI do alumno/a.

ACTIVIDADES INGLÉS PRIMARIA DO 5 AO 8 DE MAIO

Ola familias!

Tedes no adxunto as instruccións e actividades para o traballo na área de Inglés para esta semana. Apertas!

ACTIVIDADES 1º e 2º DE PRIMARIA DO 05 AO 08 DE MAIO

Ola familias!

Espero que sigamos todos ben. A espera de que esta semana teñades os libros do 3º Trimestre para empezar a traballar con eles na casa, ahí tedes unha nova proposta de actividades para estes días. 

Calqueira dúbida ou consulta, xa sabedes que tedes o meu correo sempre activo: pabloreimundez@edu.xunta.es

Unha aperta para todas/os! Bótasevos moito de menos!

ACTIVIDADES INFANTIL DO 05 AO 08 DE MAIO

Ola familias!

Espero que sigamos ben.

Ahí tedes unha nova proposta de tarefas para esta vindeira semana de parte da mestra Alba. A tedes nun adxunto abaixo.

Unha aperta moi forte para todas/os!

ACTIVIDADES PRIMARIA DO 27 AO 30 DE ABRIL

Ola familias!

Como vai todo? Espero que sigamos todos ben. Seguimos a espara das Instruccións da Consellería sobre as pautas para o 3º Trimestre pero, tendo en conta o avanzado polo Goberno Central, penso que é o momento de avanzar en contidos novos nos vindeiros días. Entendo que é o mellor para os nenos.

Recordade que o vindeiro venres 1 de maio é festivo e non temos tarefas programadas. Tampouco as haberá o luns 4 de maio xa que é un dos días non lectivos collidos pola escola.

Calqueira dúbida, consulta, xa sabedes que tedes o meu correo sempre activo: pabloreimundez@edu.xunta.es

Unha aperta para todos! Bótasevos moito de menos!

ACTIVIDADES INFANTIL DO 27 AO 30 DE ABRIL

Ola familias!

Como vai todo? Espero que sigamos todos ben.

Ahí tedes nun adxunto as tarefas para esta vindeira semana de parte da mestra Alba. Recordade que o vindeiro venres 1 de maio é festivo e non temos tarefas programadas. Tampouco haberá actividades programadas para o luns 4 de maio xa que é un dos días non lectivos collidos pola escola.

Unha aperta para todos!

ACTIVIDADES INGLÉS EDUCACIÓN PRIMARIA

Ola familias!

Tedes nos adxuntos as instruccións e actividades para o traballo na área de Inglés para os vindeiros días. Apertas!

 

abalarMóbil PARA VER AS CUALIFICACIÓNS DO 2º TRIMESTRE

Ola familias!

Segundo as novas instrucións remitidas pola Consellería de Educación os centros procederemos a pechar a 2ª avaliación con data do venres 13 de marzo. Deste modo, os titores e mestres especialistas avaliarán os contidos traballados só ata ese momento.

Para poder acceder ás cualificacións tedes á vosa disposición a aplicación abalarMóbil.

 

 

 

 

 

 

 

 

ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO

Ola familias! Esperamos que todo vaia ben neste días difíciles que tócanos vivir. A partires de agora, e vista a prolongación do tempo den clases, as actividades pasan a estar na columna lateral esquerda, no apartado de ACTIVIDADES, dentro de cada nivel Infantil e Primaria; e máis un apartado de TICS. 

 

PECHE TEMPORAL DO CEIP TABEAIO

A partir do luns 16 de marzo de 2020 o cole permanecerá pechado ao ser un centro de menos de 6 unidades. Durante estes días sen actividades lectivas teredes tarefas colgadas na paxina web do centro, na MARXE ESQUERDA, tedes un apartado de ACTIVIDADES con Infantil, Primaria e TICS. Para calqueira dúbida, incluidas as tarefas, podedes enviar un mail ao correo do centro: ceip.tabeaio@edu.xunta.gal

Distribuir contido