NOVO NÚMERO DE TELÉFONO
886110075
DÍA DA MULLER TRABALLADORA: 8M
En Solanas conmemoramos o DÍA DA MULLER con diferentes actividades:
- Durante todo a semana, a Biblioteca tivo unha exposición con libros de mulleres referentes.
- Tivemos unha exposición de Mulleres Bravas na cortiza da entrada do colexio.
- O alumnado de Infantil homenaxeou as "Mulleres da súa vida". Todos e todas debuxaron as súas mulleres para colocalas nun mural homenaxe no corredor.
- O alumnado de Primaria traballou a vida de "Mulleres Marabillosas" nunha actividade conxunta para toda a etapa.
- E o alumnado de 5º de Primaria mensaxeou con mulleres relevantes da nosa Historia.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Día da muller traballadora 2023.mp4 | 21.73 MB |