Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Articles

COÑECE O MONTE SANTA TREGA 2022

O alumnado de 3º e 4º primaria tivo unha visita guiada polo Monte Santa Trega; roteiros, Citania, poboado de Mergelina, Ermita de Santa Trega, MASAT... foi unha xornada moi divertida. Aquí podedes ver a nosa experiencia:

 

MESTRE COMPOSTEIRO EN EDUCACIÓN INFANTIL

O mestre composteiro Moncho estivo cos nenos e nenas de educación infantil para unha charla explicativa sobre como facer compos no colexio.

 

SEMANA STEAM 2022

STEAM é unha metodoloxía que axuda ao alumnado a desenvolver competencias científicas e tecnolóxicas. Durante esta semana o nosos nenos e nenas tiveron sesións de robótica, placas makey makey, xogos creativos...

O equipo de robótica e Biblioteca creativa montou unhas sesións moi lúdicas e motivantes para o alumnado. Xogar é o noso xeito favorito de aprender.

Aquí podedes ver o resultado.

 INFANTIL

1º, 2º, 3º PRIMARIA
 
 

 6º PRIMARIA

5º PRIMARIA

4º PRIMARIA

OBRADOIRO DE RADIO & PODCAST. 4º PRIMARIA

O alumnado de 4º primaria tivo un obradoiro en radio e podcats para ser uns/unhas fantástic@s locutor@s de radio.

Durante toda unha mañá gozaron coa experiencia:

 

MAQUETAS CIRCUITOS ELÉCTRICOS: 6º de primaria

Dentro da materia de ciencias naturais, o alumnado de 6º de primaria tivo que crear unha maqueta cun circuito eléctrico empregando; pila, cables, bombilla e interruptor.Fixeron uns traballos moi bos.

Aquí podedes ver as súas creacións:

 

 

PROXECTO FÓRA PLÁSTICOS

Proxecto iniciativa do CEE San Xeróme con otros centros do Baixo Miño: CEIP Pintor Antonio Fernández (Goian), CIP Manuel Suárez Marquier (O Rosal), CEIP Manuel Rodríguez Sinde (A Guarda), Colexio San José (A Guarda), CEIP A Sangriña (A Guarda) e Colexio PP Somascos (A Guarda).

O noso centro fixo unha recollida de microplásticos co alumnado de educación infantil na Praia de Fedorento e o profe Jorge creou unha obra coa recollida.

COIDADO DA HORTA POLO ALUMNADO DE 5º PRIMARIA

O alumnado de 5º primaria colaborou no mantemento da horta con limpeza de malas herbas e rega. Moi bo traballo!

 

EXPERIENCIAS CO MAGNETISMO: 6º PRIMARIA

O alumnado de 6º de primaria fixo diferentes experimentos científicos con imáns para traballar o magnetismo que é un fenómeno físico polo que os obxectos exercen forzas de atracción e repulsión sobre os materiais.

 

GALIÑEIRO DE SOLANAS

 

Estamos a crear laboratorios vivos nos que os nosos alumnos/as poden desenvolver novas capacidades, partindo dos seus intereses e potenciando o traballo interdisciplinar.

Aquí tedes o noso novo galiñeiro:

 

 

 

 

PLANTACIÓN E REGA DA HORTA POLO ALUMNADO DE 5º PRIMARIA

O alumnado de 5º de primaria tivo plantación e rega da horta escolar.

 



by Dr. Radut