Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Articles

FORMIGUEIROS. ECOSISTEMAS TERRESTRES

Estamos a crear laboratorios vivos nos que os nosos alumnos/as poden desenvolver novas capacidades, partindo dos seus intereses e potenciando o traballo interdisciplinar.

Aquí tedes os nosos primeiros formigueiros en primaria.

COIDADO DA HORTA ESCOLAR POLO ALUMNADO DE 3 ANOS

Os nenos e nenas de 4º de educación infantil estiveron regando, limpando e plantando na nosa horta escolar. Fixeron moi bo traballo.

DÍA DA POESÍA E DÍA DA ÁRBORE: 22 de marzo

Para festexar este día, creamos unha exposición "Bosque de coidado de criaturas máxicas" nun corredor do edificio de primaria.

Cada aula fixo a decoración dunha árbore e dunha criatura máxica: dragóns, unicornios, centauro, trols, fluffy, araña acromantula, hipogrifo e xigante. Cada criatura máxica era o protagonista dunha poesía.

 

 

PLANTACIÓN NA HORTA DOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS

O alumnado de 6º de educación infantil estrea a nova horta escolar:

* Coa plantación de hortalizas e legumes, tanto no invernadoiro coma nos bancais exteriores.

* Instalación nas árbores de comedoiros naturais para páxaros.

* Colocación de bandeira e espantapáxaros pirata feito na súa clase.

 

INVERNADOIRO SOLANAS 2022

O invernadoiro é un proxecto moi desexado por toda a Comunidade Educativa do noso colexio.

Despois de moitos anos coa idea por fin podemos ampliar a na nosa horta escolar con máis bancais. Ademais que ao ter un lugar pechado vai permitir o cultivo de plantas ao longo de todo o ano.

Grazas ao alumnado de 6º de primaria polo seu esforzo en mellorar o colexio.

Grazas a Miguel conserxe e ao profe Jorge pola súa implicación total no proxecto.

Nuns meses esperamos ter unha boa colleita.Sorriso

RECOLLIDA DE PILAS

ACTO PILABOTS

A Conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia acudiú ao noso colexio para lanzar a terceira edición da campaña escolar de reciclaxe Pilabots.

No curso 2020-2021, Solanas gañou o primeiro premio ao recuperar máis de 4 toneladas de pilas grazas ao esforzo de toda a comunidade educativa.

Volveremos a participar nesta iniciativa este curso escolar.

Animádevos a reciclar con nós!

SAÍDA 25 ANIVERSARIO DE VOZ NATURA

A 25ª edición de Voz Natura arrancou con dous colexios de A Guarda: CEIP Sangriña e CEIP Solanas.

O programa de educación medioambiental conmemora o seu 25 aniversario e convidaronnos a participar no primeiros dos cinco tramos do Camiño Portugués pola costa.

 

Este é o enlace que publicou o periódico a Voz de Galicia coa nosa actividade

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2021/10/16/dos-colegios-guarda-lanzan-25-edicion-programa-voz-natura/0003_202110V16C7991.htm?fbclid=IwAR1_ilvm-HV083BE9u7J1jmHLeQqR6Nh9BxvWDf8bn2wNH88JuvpoWlWDCI

MAQUETAS CÉLULAS.6º PRIMARIA

O alumnado de 6º primaria, dentro da materia de ciencias naturais, fixo unhas creativas maquetas de células. Aquí tedes o seu traballo:

 



by Dr. Radut