Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Articles

HORTA ESCOLAR DO ALUMNADO DE 3º PRIMARIA

Fai uns meses o alumnado de 3º de primaria platou cogomelos nun invernadoiro caseiro...agora xa poden ver o resultado.

Ademáis teñen unha nova plantación.

CADERNO DE CAMPO NA CONTORNA DE SOLANAS

O alumnado de 5º de educación primaria traballou, dentro da materia de ciencias da natureza, cun caderno de campo da contorna de Solanas.

Os cadernos de campos son instrumentos de observación do medio natural.

Os nenos e nenas de 5º, tiñan que explorar a contorna do noso colexio e investigar sobre a súa fauna e flora, indicando as características dos animais, moluscos, plantas, algas... que foran atopando.

A súa saída incorporouse o alumnado de 4 anos.

Pasamos un moi bo rato xuntos e xuntas.

BENVIDA AO COELLO "OREO"

O equipo medioambiental convidou ao coello Oreo a pasar este curso 2022-2023 nas instalacións do noso colexio. Terá un espazo adaptado as súas necesidades e será coidado por todo o noso alumnado.

Estamos encantados con este novo membro Risa.

 

MESTRE COMPOSTEIRO EN EDUCACIÓN INFANTIL

O mestre composteiro Moncho estivo cos nenos e nenas de educación infantil para unha charla explicativa sobre como facer compos no colexio.

 

BOSQUE MUSICAL.4º PRIMARIA

Obradoiro do alumnado de 4º primaria para creación de instrumentos musicais con materiais da natureza. Como crear música con restos das árbores e materiais de refugallo.

PROXECTO FÓRA PLÁSTICOS

Proxecto iniciativa do CEE San Xeróme con otros centros do Baixo Miño: CEIP Pintor Antonio Fernández (Goian), CIP Manuel Suárez Marquier (O Rosal), CEIP Manuel Rodríguez Sinde (A Guarda), Colexio San José (A Guarda), CEIP A Sangriña (A Guarda) e Colexio PP Somascos (A Guarda).

O noso centro fixo unha recollida de microplásticos co alumnado de educación infantil na Praia de Fedorento e o profe Jorge creou unha obra coa recollida.

COIDADO DA HORTA POLO ALUMNADO DE 5º PRIMARIA

O alumnado de 5º primaria colaborou no mantemento da horta con limpeza de malas herbas e rega. Moi bo traballo!

 

GALIÑEIRO DE SOLANAS

 

Estamos a crear laboratorios vivos nos que os nosos alumnos/as poden desenvolver novas capacidades, partindo dos seus intereses e potenciando o traballo interdisciplinar.

Aquí tedes o noso novo galiñeiro:

 

 

 

 

PLANTACIÓN E REGA DA HORTA POLO ALUMNADO DE 5º PRIMARIA

O alumnado de 5º de primaria tivo plantación e rega da horta escolar.

 

CASIÑAS DE PAXAROS

Estamos a crear laboratorios vivos nos que os nosos alumnos/as poden desenvolver novas capacidades, partindo dos seus intereses e potenciando o traballo interdisciplinar.

Aquí tedes as nosas novas casiñas de páxaros na zona do patio sensorial. Esta actividade foi un traballo colaborativo entre diferentes clases:

 

 

 



by Dr. Radut