O 20 de novembro conmemórase o Día Mundial dos Dereitos da Infancia.
En Solanas, visionamos a canción "temos dereitos" e cada aula elaborou un mural cos dereitos para expoñer en cada unha das aulas e recordarnos sempre que os nenos e nenas temos dereitos.
Este ano, para reivindicar a violencia de xénero, o alumnado de Solanas colaborou co CIM da Guarda na elaboración dunha silueta de muller para participar na exposición "sempre vivas".
Aquí tedes o proceso de elaboración
Ademais, sacásmoslle tarxeta vermella á violencia machista para facer o noso particular póster reivindicativo coma cada ano.
O 3 de decembro conmemorouse o "Día da discapacidade".
As mestras especialistas do Departamento de orientación coa axuda da mestra Lucía de infantil e da mestra Iris, encargáronse de sensibilizar ao alumnado sobre esta temática da seguinte maneira:
En infantil visualizaron o conto "El cazo de Lorenzo" e seguidamente fixeron un mural co cazo que cada neno e nena fixo.
En 1º e 2º de primaria tentaron debuxar cos ollos pechados.
En 3º e 4º de primaria visualizaron un conto signado sen audio e crearon os seus nomes con lingua de signos.
En 5º e 6º de primaria fixeron un ditado coa man non dominante e logo tentaron ler o que escribiron.
Ademais, a mestra Iris fixo co alumnado de 5º e 6º un mural.