O Departamento de Orientación para este curso 2019/2020 no noso cole, está formado por tres especialistas que desempeñan as súas funcións, nalgúns casos, compartidas con outros centros.
- Unha especialista en Pedagoxía Terapéutica con horario completo no CEIP Plurilingüe As Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo.
- Unha especialista en Audición e Linguaxe con horario compartido co CEIP A Sangriña e a EEI da Gándara, que acude ao noso centro os luns e venres completos e os mércores de 9 a 12 horas.
- Unha orientadora con horario compartido co CEIP Manuel Rodríguez Sinde, presente no noso centro os luns, mércores e venres, ademais de 3 martes pola tarde ao mes.
Para calqueira dúbida ou consulta, podedes solicitar unha cita para falar con calquera delas, estaremos encantadas de axudarvos!