O proxecto ZOObreira céntrase na investigación de diferentes continentes e zonas do Planeta e o coñecemento de animais singulares con características especiais.

A primeira parte do proxecto consistiu na creación de "maletas" de papel con información sobre un animal: habital, clasificación, alimentación e descrición física. Para iso pescudamos nos libros da biblio e tablets.

A segunda parte, levouse ao cabo a través da estrutura complexa de aprendizaxe cooperativa "crebacabezas". Onde grupos tiñan asignado un animal pero para investigar crearon pequenos grupos de expertos con un membro de cada equipo. Centrámonos en: peculiaridades, apariencia, habitat e alimentación. Tras a investigación levada a cabo coas tablets e o libro "50 Cosas que no Sabes de los Animales" elaboraron unha ficha no seu equipo base que pegaron no mapa xigante que preparamos no corredor.

1ºEP<br />
 

Tags: Camiños virtuais