Un ano mais, o Goberno da Xunta asignou ao noso colexio unha auxiliar de conversa por teren concedido o proxecto do plurilingüismo. Este curso Esther, de nacionalidade americana, está a maior parte do seu horario cos alumnos de 1º e 2º. Tamén participa nas clases do 2º e 3º ciclos para a práctica do inglés oral e cando son as datas sinaladas inglesas, cóntanos como as celebran no seu país. É moi interesante comparar os diferentes costumes dos distintos países. Así, por exemplo en HALLOWEEN, xogan a coller mazás coa boca e decoran cabazas de xeito terrorífico.
18 ficheiros, último engadido a nov 19, 2012 Álbum visto 18 veces
Realizouse unha actividade de introdución ao triatlón, ofertada pola Secretaría Xeral para o Deporte e diseñada exclusivamente para alumnos de primaria e secundaria.
Foi dirixida por técnicos da Federación que visitaron o centro ao longo de dúas mañás, e realizaron actividades de iniciación en dúas das tres disciplinas que engloba o triatlón.
3 ficheiros, último engadido a out 15, 2012 Álbum visto 8 veces
Tivemos un taller de Frutas Nieves para fomentar a alimentación saudable. Unha profesional da nutrición guiou un taller no que os rapaces descubriron as cualidades de distintas froitas, froitos secos e verduras dun xeito divertido. Rematamos a actividade degustando unhas “brochetas” de froita.
10 ficheiros, último engadido a nov 18, 2012 Álbum visto 13 veces
Nesta interesantísima saída didáctica os alumnos de 4º, 5º e 6º ademáis de disfrutar do castelo e o seu entorno , pudieron usar espadas medievais, tirar con catapulta, fabricar e queimar pólvora e outras cousas tan cotiás naqueles tempos en que Pedro Madruga era o dono e señor do castelo.
7 ficheiros, último engadido a out 15, 2012 Álbum visto 10 veces
Este foi un día completo para as nenas e nenos de 1º e 2º. Despois de asistir ao teatro, terminaron a saída divertíndose no Castelo e no parque infantil de O Castro.
6 ficheiros, último engadido a out 15, 2012 Álbum visto 12 veces
O día 23 de abril o alumnado de Infantil e do primeiro ciclo de Primaria abrimos un mercadillo de libros para festexar esta data. Os rapaces e rapazas poderán rebuscar ata atopar o que lles guste durante todo o mes.
4 ficheiros, último engadido a nov 18, 2012 Álbum visto 8 veces
A celebración do entroido tiña como tema “AS OLIMPIADAS”. Cada curso participaba coa bandeira dun pais.
Despois do desfile tivemos a queima do MECO, e por último os nosos particulares “XOGOS OLIMPICOS”
9 ficheiros, último engadido a mar 05, 2013 Álbum visto 29 veces