Refórza-T

O luns 20 de xaneiro deu comezo no noso centro o plan REFÓRZA-T.

 

O programa impártese en grupos reducidos (máx. 15 alumn@s) fóra do horario lectivo. Os destinatarios son alumn@s de  3º, 4º, 5º e 6º de EP propost@s polo centro  e autorizados polas súas familias para asistir

O xoves 23 de xaneiro todas as familias dos alumn@s asistentes foron convocadas a unha reunión no salón de actos do centro para tratar varios puntos relativos ao programa: obxectivos que pretendemos, compromisos, metodoloxía...; así como para tratar de resolver todas as dúbidas que se plantexaron. 

 

Para levalo a cabo foinos asignada unha docente, a cal impartirá o programa no seguinte horario:

- Luns e xoves: alumnado de 3º e 4º de EP en horario de 15:45 h. a 17:45 h

- Mércores e venres: alumnado de 5º e 6º de EP en horario de 15:45 h. a 17:45 h

O ALUMNADO POSTERIORMENTE É TRANSPORTADO AOS SEUS DOMICILIOS EN TRANSPORTE AUTORIZADO O CAL CONTA CON ACOMPAÑANTE.

 

O reforzo escolar ten como obxectivo prestar unha atención máis personalizada e individualizada que lles permita mellorar o seu rendemento escolar e acadar unha maior motivación cara a súa aprendizaxe.

 

 

 

 

 

Día da Paz 2020

Hoxe 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e non violencia cunha homenaxe a persoa de Wangari Maathai, primeira muller africana en recibir o Premio Nobel da Paz en 2004, pola súa contribución ao desenrolo sostible, a democracia e a Paz, fundando o Movemento "Cinturón Verde". Duante estas semanas profundizamos na súa historia lendo ou vendo o conto "Wangari e as árbores da Paz". A partir dese conto, os nenos e nenas de 2º A e B e os/as de de 4º B fixeron as súas propias ilustracións. Os compañeiros/as de sexto A e B fixeron a narración e con todo ese material elaborouse o video do conto que podedes ver máis abaixo. Nel tamén aparecen outros traballos que realizaron as demais clases. Hoxe reunímonos todos no salón de actos para o seu visionado. Despois do mesmo, cada neno/a para dar continuidade á iniciativa de Wangari, "plantou" unha árbore cunha mensaxe nun mural coa imaxe de Wangari colocado na entrada á biblioteca. Aquí vos deixamos fotos e vídeos do día de hoxe.

Paralelamente a esta actividade, os alumnos de sexto, xunto cos seus titores presentaron un novo vídeo de sensibilización, enmarcado no Proxecta. Buscaron imaxes nas que se reflexan os efectos das guerras no medio ambiente, pois case sempre á hora de facer balance das mesmas contabilízanse vítimas persoais, sendo o noso planeta a vítima olvidada. Aquí vos queda tamén o vídeo do seu traballo.

INTRODUCCIÓN Á COMUNICACIÓN BIMODAL

A comunicación bimodal é un sistema alternativo e aumentativo da comunicación na cal se asocian dúas modalidades: signada e falada.

A comunicación é bimodal cando simultáneamente se emprega a fala xunto aos signos, é dicir, a modalidade oral-auditiva xunto á modalidade visual-xestual.

O pasado mes de novembro  tivemos a sorte de achegar aos nosos alumnos á comunicación BIMODAL da man de Sonia e Fany da asociación DOWN OURENSE. Foi unha sesión nas que tamén se levaron a cabo dinámicas para favorecer a interacción do grupo así como o coñecemento mutuo.

Foi un pracer traballar con Sonia e Fany. Seguro que repetiremos!!!

 

VER FOTOS E VIDEOS NO SEGUINTE ENLACE https://photos.app.goo.gl/gF7ewYm3ZfuH2yM16

CHARLAS POLICÍA NACIONAL: Riscos das novas tecnoloxías e acoso escolar

O noso centro solicitou charlas informativas dirixidas ao alumnado de 5º e 6º seguindo o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos.

 

As charlas foron impartidas por parte de membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. 

 A sesión sobre "riscos das novas tecnoloxías" levouse a cabo o 20 de novembro e a de "acoso escolar" o pasado 21 de xaneiro.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES

O pasado 17 de decembro dous membros da Asociación Xuvenil Amencer pasaron a recoller os nosos Xoguetes para que puderan chegar a tempo aos seus destinos. 

Dende o centro queremos dar as gracias a TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA polas súas aportacións. TODAS as aportacións se fixeron seguindo as recomendacións de PAPA NOEL e o resultado foi espectacular como ven podemos apreciar nas imaxes.

 

Tamén expresar o noso agrademento á ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER pola súa gran labor. 

Contade co noso centro para colaborar en máis campañas e/ou iniciativas. MOITAS GRACIAS!

Unha merenda que mola

Reducir o uso de plásticos non é tan difícil e todos podemos aportar o noso gran de area. Por iso os alumnos de 4º A e 4º B lánzannos esta mensaxe tan clara e directa para que eliminemos os plásticos das merendas que traemos ao cole e os substituamos por outros envases de máis dun uso. Prestade moita atención ao vídeo e o máis importante...

TOMADE NOTA!!

VISITA DE PAPA NOEL

O pasado 18 de decembro algo aconteceu no noso centro que non deixou indiferente a ninguén, unha visita que foi capaz de emocionar a toda a comunidade educativa.

O noso centro quere agradecer a colaboración da Asociación veciñal SAN BREIXO de Seixalbo que fixo posible poder vivir unha xornada divertida e moi moi especial.

 

GRACIAS POR ESTAR SEMPRE DISPOSTOS A COLABORAR E TRABALLAR CO NOSO/VOSO CENTRO

Recomendacións lectoras para o Nadal

Agora que é tempo de agasallos aí van dende a biblioteca algunhas recomendacións de lecturas moi apetecibles para que teñades a man. Hai para todos os gustos!

CORREOS: Repartindo ILUSIÓN

O pasado martes 17 de decembro recibimos unha visita moi moi especial... Cristina e Ana; dúas carteiras que traballan na oficina de correos do Polígono de San Cibrao, sendo ademáis unha delas nai de dous dos nosos alumnos; percorreron as nosas aulas repartindo sorrisos, explicando o seu traballo con enstusiasmo, compartindo experiencias e recollendo unhas postais feitas con moita, moita ilusión...

Unha actividade organizada polo EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA da que en breve teredes novas...
Novas que de seguro espertarán o sorriso e/ou as bagoas de máis dun...
Gracias Cristina e Ana polo voso traballo, tan importante no noso día a día; e gracias tamén por quitar tempo de onde moitas veces non o hai.
Ver fotos no seguinte enlace: https://photos.app.goo.gl/oLsF7NAdaqvZvKdB9 

RESOLUCIÓN DEFINITIVA CONTRATOS PROGRAMA

Publicada Resolución definitiva dos centros seleccionados e as actuacións concedidas  para levar a cabo os contratos-programa para o curso 2019/20.
 

Aí estamosssssssssssssssss!!! 

Concedidas 3 modalidades de actuación para o noso centro: REFÓRZA-T (antes PROA), CON-VIVE e INCLÚE-T

Para máis información non deixedes de visitar o seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/29873  

  

No arquivo adxunto podedes visualizar listaxe definitiva

 

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES

Lembramos a toda comunidade educativa que ata o vindeiro luns 16 de decembro (incluído) podedes achegar xogos, xoguetes e libros.

Unha iniciativa para colaborar coa Asociación Xuvenil AMENCER

No ARQUIVO ADXUNTO podedes visualizar a carta que nesta ocasión lle fixo chegar Papa Noel a todas as familias.

Gracias a tod@s por participar.

 

 

"Charla coas especialistas" Campaña de sensibilización Proxecta, "En tratos co lixo"

"Charla coas especialistas" é o título dunha das actividades de sensibilización que se están a realizar no centro para que todos sexamos conscientes da importancia que ten a reducción de lixo, así como a súa correcta reciclaxe para contribuír coas nosas pequenas accións a "Salvar o globo". "As especialistas" son as persoas que se encargan cada día da limpeza do noso cole, e as que mellor saben dos nosos comportamentos en relación ao lixo. Por ise motivo planificamos un encontro con elas, para que nos disen respostas ás diferentes preguntas que se lle plantexaron dende cada un dos cursos. A súa cercanía e amabilidade xunto coas respostas que nos diron conseguiron que nos fixésemos unha idea do que temos que mellorar, así como poñer en valor o labor que realizan. Grazas a Mary, Alejandra, Loli e Marcia por prestarvos a colaborar con nós. O vídeo que vedes a continuación foi o que serviu como presentación da actividade.

Campaña de sensibilización, Proxecta: "En tratos co lixo"

Durante estes días estanse levando a cabo no cole diferentes actividades de sensibilización sobre as actuacións humanas e as súas consecuencias no planeta. Unha desas actividades levárona acabo os alumnos de sexto que realizaron unha busca e recollida de imaxes na web que reflectisen por un lado paisaxes non contaminadas, e por outro lado  todo o contrario, paisaxes contaminadas debido á acción humana. Esa recollida de imaxes tiña como obxectivo a sensibilización e búsqueda de reflexións

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe 25 de Novembro, no noso cole temos programadas unha serie de actividades para unirnos á loita contra a violencia de xénero.

Hoxe ponse o foco na eliminación da violencia, pero esta é unha loita que...

DEBE DE FACERSE ENTRE TODAS AS PERSOAS E DENDE TODOS OS ÁMBITOS!!!

 

 

 

Celebramos o Samaín pensando no planeta

Este ano celebramos a tradicional festa de samaín dun modo diferente. Fixemos tamén unha exposición, pero desta vez sen cabazas, senón con monstros que nós mesmos realizamos con materiais de refugallo xunto coas nosas familias. Foi moi orixinal e gustou a todo o mundo. Un bo traballo realizado entre todos e todas. Agradecer especialmente ás familias a súa implicación, clave para levar a cabo esta exposición que resultou ser un éxito. aquí podedes ver os vídeos.

DÍA DA BIBLIOTECA

O xoves 24 de outubro de 2019, celebramos un ano máis o Día da Biblioteca. Reunímonos no salón de actos e desfrutamos dunha dobraxe que fixeron os compañeiros de sexto dun corto titulado "Unha princesa en apuros" que pretende facernos reflexionar sobre o cambio climático que estamos a padecer, xa que este ano o noso proxecto leva por título "Salvemos o globo". Despois de ensaiar uns cantos recreos conseguiron facer un bo papel que todos aplaudimos. Remataron a súa actuación pedindo a colaboración de todos para acabar con monstro do cambio climático. Para iso cada cada neno/a escribirá unha acción que contribúa a acabar co cambio climático nunha estrela que se pegará na vindeira semana no mural da biblioteca. Aquí podedes ver o vídeo da actividade que rematou cantando o noso himno da biblioteca. Tamén podedes ollar o vídeo orixinal do que fixeron a dobraxe, e tamén as novidades deste mes de outubro!!

Charla-obradoiro "Enerxías renovables e biodiesel"

Este martes 15 de outubro tivemos a oportunidade de asistir a unha charla sobre enerxías renovables e biodiesel impartida polo mestre Rubén Garrido do IES Cidade de Antioquía. Falounos de moitas cousas interesantes relacionadas coas renerxías renovables, a contaminación, como se pode facer biodiesel e fíxonos algúns experimentos coa auga e o aceite. Tamén foi quen de facer maxia trasvasando unha botella chea de auga noutra chea de aceite. A que parece incrible? Pois mirade o vídeo e veredes como o fixo! Grazas Rubén pola sesión tan amena e interesante que nos ofreciches!

EDUCANDO NA IGUALDADE

Mañá chegou o gran día... a ANPA do noso cole presenta un proxecto deseñado con moitas ganas e ilusión; un proxecto que axudará a acadar un dos obxectivos do centro.

ESTAMOS E ESTADES TODOS CONVIDADOS!!! VÉMONOS!!!

Powered by Drupal - Design by artinet