LISTAXE PROVISIONAL AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2024/2025
Informamos que xa está PUBLICADA A LISTAXE PROVISIONAL de Axuda do Fondo Libros tanto de texto como de material.
En cumprimento coa "Ley General de Protección de Datos" a publicación e a consulta só se levará a cabo na Xefatura de Estudos, ou ben a través da "CHAVE 365"
- LISTAXE PROVISIONAL: 3 de Xullo.
- PRAZO DE RECLAMACIÓN: ata o 5 de Xullo inclusive.
- LISTAXE DEFINITIVA: 8 de Xullo.
- RECOLLIDA DE VALES NO CENTRO: do 4 ao 12 de Xullo, en horario de 10:00 a 13:00 horas
Graduación 6º Educación Primaria
Chegou o agridoce momento de despedir ao noso alumnado de 6º de Educación Primaria e fixémolo cunha emotiva graduación.
No seguinte enlace podedes visualizar algunhas fotos.
https://photos.app.goo.gl/j28ixkuWUPq8nShY6
Tamén vos deixamos un pequeno vídeo-resumo
MOITA SORTE!!!
Equipo Seixalbo
PROMOCIÓN 2015-2024
NON NOS ESQUEZADES!!!
NÓS.... NON O FAREMOS!!!
EQUIPO SEIXALBO
SUMÉRXETE CON NÓS!!!
Nas últimas semanas, o noso alumnado puido gozar dun aLUZinante fondo mariño elaborado con materiais fabricados por eles mesmos.
Foi unha experiencia multisensorial, relaxante, emocionante... na que aproveitamos para coñecer algo máis dalgún animal mariño en perigo de extinción e que cousiñas podemos aportar nós para axudalos.
Deixámosvos un vídeo resumo.
O EQUIPO DE BIBLIOTECA E O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Premendo no seguinte enlace podedes visualizar máis imaxes e vídeos:
https://photos.app.goo.gl/t26ATcye4v8Ntsyc8
Convivencia cos nos@s futur@s compis das unitarias!!!
O pasado 5 de xuño, achegáronse @s nos@s futuros alumn@s das unitarias para ter unha pequena xornada de convivencia no noso centro.
Agardámosvos en setembro!!!
O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
No seguinte enlace podedes visualizar máis imaxes
https://photos.app.goo.gl/5z4JCPw6YMKLuiJi8
Coñecendo o IES UNIVERSIDADE LABORAL 2024
Achégase final de curso e o inicio de unha nova etapa para o noso alumnado de 6º EP.
O 4 de xuño achegámonos ao IES Universidade Laboral para facer un percorrido polas súas intalacións ademáis de aproveitar para falar un anaco con antig@s alumn@s.
Gracias á dirección e departamento de orientación do IES por acollernos tan ben sempre!!!
O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
No seguinte enlace podedes visualizar máis fotos.
https://photos.app.goo.gl/y84XdrDMsJFHvRQG6
Graduación 6º de Infantil
O pasado 14 de xuño celebramos a graduación dos nenos e nenas de cinco anos á que convidaron aos seus compañeiros e compañeiras de infantil e primaria. Foi un acto moi emotivo no que a súa titora Rosa tivo unhas palabras cariñosas para cada un deles e se lles entregaron os correspondentes diplomas. Os irmáns tamén tiveron o seu protagonismo, pois eles mesmos lles entregaron o diploma. Ao rematar cantaron unha canción de graduación e lanzaron os seus birretes ao aire. Aquí podedes ver algunhas fotos do acto e moitas máis se premedes AQUÍ
IMPRESOS SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2024-2025
Adxuntos no apartado de Secretaría (Autodeclaración e información comedor escolar)
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 12 de xullo.
Pódense presentar:
- a través do correo electrónico do centro (ceip.seixalbo@edu.xunta.gal)
- de xeito presencial na secretaría do centro ( en horario de 10 a 13 horas)
- no buzón exterior do centro.
- blogue de admin
- APIs de Blogue
A AVENTURA CONTINÚA!!!
Seguimos a recibir novas dende Madrid!
O noso alumnado puido gozar o martes do espectáculo do Rei León.
O mércores foi unha esgotadora e frenética xornada no Parque Warner!!!
Xenial!!!
COMEZA A AVENTURA!!!
O martes 28 de Maio, o noso alumnado de 6º EP emprendeu a súa viaxe de fin de etapa con destino a Madrid.
29 nenos e nenas acompañados por 4 profes que o fan posible!!!
Queremos mostrar o noso agradecemento a toda a comunidade educativa polo seu apoio durante todo o curso para facer posible esta máxica viaxe.
Que teñades un GRAN VIAXE CAMPEÓNS/AS!!!
SUMÉRXETE CON NÓS!!!
Algo moi moi especial se está cociñando no noso cole!!!
Moi atent@s!!!
SUMÉRXETE CON NÓS!!!
O Equipo de Biblioteca e o Departamento de Orientación.
VIAXE AO FONDO DO MAR de Rbau
FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024/2025
PUBLICADO FONDO SOLIDARIO PARA ADQUISICIÓN LIBROS E MATERIAIS PARA O CURSO 2024-2025.
PRAZO DE SOLICITUDE: desde o 21 de maio ata o 21 de xuño.
INSTRUCCIÓNS E ANEXOS NO SEGUINTE ENLACE. FAI CLIC AQUÍ.
CAMPAMENTO DE VERÁN 2024
Inscripcións ata o 6 de xuño clicando no seguinte enlace:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScMorMP29-1zOGBSzyuST3JwkoP2iUc...
Se tes calquera dubida podes escribirnos a : ampaseixalbo@gmail.com
Agardamosvos!!!!
- APIs de Blogue
OS PERIGOS DE INTERNET E AS REDES SOCIAIS. Como protexer aos nos@s menores.
Tal e como anunciamos semanas atrás, o pasado 2 de Maio, tivo lugar outra interesante charla dirixida ás familias e resto da comunidade educativa sobre o uso seguro de Internet e as redes sociais.
O xuíz, D. Jose Antonio Vázquez Taín, fixo que as dúas horas de ponencia se nos quedasen escasas.
Agradecer a presenza do Xefe Territorial de Educación de Ourense, D. Jorge Rubén Sampedro Grande.
Do mesmo xeito dar as grazas ao CFR de Ourense, e concretamente á nosa asesora D Rosa Pato polo seu apoio e colaboración nas nosas propostas.
Grazas tamén a todos os asistentes (profesorado, familias, ANPA e AVV de Seixalbo) polo seu interese.
Coordinadora de Benestar e Departamento de Orientación.
PREMENDO NA SEGUINTE IMAXE PODERÁS ACCEDER A MÁIS FOTOS
SEGURIDADE VIAL
O pasado 2 de Maio tivemos a visita da Garda Civil para levar a cabo unha charla sobre SEGURIDADE VIAL, dirixida ao alumnado de 5º e 6º de EP, dentro do programa Plan Director para mellorar a convivencia cidadá nos entornos escolares.
Os encargados de dirixila e impartila foron Javier Barja (Capitán-xefe), Damián Novoa (Cabo 1º) e Manuel Rodríguez (Garda Civil) do Subsector de Tráfico de Ourense.
Agora toca poñer en práctica todo o que eles nos ensinaron e/ou lembraron.
Moitas grazas pola visita!!!
O departamento de Orientación do CEIP SEIXALBO
PREMENDO NA SEGUINTE IMAXE PODERÁS ACCEDER A MÁIS FOTOS SOBRE A VISITA
LISTAXE ADMITIDOS CURSO 2024-2025
Unha vez finalizado o proceso de solicitudes de admisión do alumnado para o vindeiro curso 2024/2025 comunícase ás familias que todas aquelas que o solicitaron obtiveron praza neste centro.
Debido á Lei de Protección de datos as listaxes estarán expostas no taboleiro interior do centro. Tamén podedes chamar ao teléfono do mesmo para poder consultálas (988237000) en horario de 9:30 a 14:30.
Ao mesmo tempo serán accesibles electrónicamente para a cidadanía a través da aplicación web admisiónalumnado
(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)
de xeito que as familias poden acceder aos seus datos e consultar o estado da súasolicitude a través do menú SOLICITUDES > ADMISIÓN > RECUPERAR.
O periodo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.
MENORES E USO SEGURO DE INTERNET E REDES SOCIAIS
O pasado martes 16 de abril, contamos coa presenza no noso centro do garda civil Efrén Varón Gil pertencente ao equipo de delincuencia tecnolóxica.
Foi o encargado, tendo en conta a súa ampla experiencia e formación no tema, de impartir unha charla dirixida a familias sobre o uso seguro de Internet e Redes sociais en menores.
O público presente puido escoitar de primeira man aspectos tan importantes na temática como: dualidade "culpable-responsable", é lícito revisar as mensaxes/móbil d@s nos@s fill@s?, ludopatía en adolescentes, cerberus...
Ademáis, Efrén deu resposta a moitas das nosas dúbidas e inquedanzas.
Moitas grazas Efrén por facer que máis de 2 horas de charla non nos chegaran a nada!!!
Grazas ao público presente (familias, profesorado e veciños de Seixalbo) por mostrar interés por unha temática tan interesante como preocupante!
Dar tamén as grazas ao CFR e á ANPA do cole pola súa colaboración.
Do mesmo xeito, queremos agradecer á AVV de Seixalbo a súa presenza e difusión da charla.
GRAZAS POR COLABORAR SEMPRE!!!
Adxunto compartimos a presentación que Efrén nos deixou para poder compartila coa comunidade educativa.
Tamén vos deixamos os seguintes enlaces que el mesmo nos facilitou con tutoriais para poder descargar o control parental:
ANDROID:
https://www.youtube.com/watch?v=4cES-8KtxQM
IOS:
https://www.youtube.com/watch?v=4ZwnJsW--tQ
A COORDINADORA DE BENESTAR E O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN