Informamos de que ten sido publicada a: ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).
O alumnado beneficiario de axuda de material escolar tera dereito a elas directamente, non tendo que presentar solicitude.
O alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:
a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.
Deberá presentar unha solicitude no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) que figura na convocatoria.
O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
No ficheiro adxunto tedes a convocatoria.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
anunciog0598-081121-0001_gl.pdf | 747.25 KB |