Skip to Content

2º Curso

Telexornal Medieval

Ola a todos/as:

Mañá celébrase en Galicia o día das Letras Galegas. Como sempre dende o cole facemos actividades para fomentar o uso do galego entre o noso alumnado. Cremos que a mellor maneira de acercar a lingua galega aos nenos e nenas é usalo dunha maneira divertida. Como este ano estamos a traballar sobre a Idade Media, que mellor maneira que facer una telexornal Medieval. Aquí o tedes (estade atentos xa que nas vindeiras semanas haberá outro máis):

Rap Medieval

Rematamos as actuacións da bilbioteca por este curso. Hoxe falamos da Idade Media nun rap:

 

 

Día do libro

Este ano o día do libro coincidiu domingo así que no colexio conmemorámolo onte luns. Acudiron todos ao patio cos seus padriños e madriñas lectores. Como en outros anos foi todo un éxito!

 

Información sobre a Idade Media

Seguimos co proxecto multidisciplinar da Idade Media. Nesta ocasión os contidos ocultos que aparecen na pirámide tratan sobre a alimentación na Idade Media, as enfermidades máis importantes, o vocabulario das comidas en inglés... Botádelle un vistazo o enorme traballo feito polos nenos:

 

Todo isto tamén se pode ver na nosa canle da app Aurasma, só temos que seguila, enfocar a unha das imaxes e xa podemos ver os vídeos.

Visita á policía

O xoves fomos á policía. Que ben o pasamos. Aprendemos moito sobre os cans policía "Patrulla Canina".Aquí tedes algunhas fotos:

 

Entroido

Chegou o Entroido e como dende a biblioteca, o equipo de dinamización da lingua galega e o equipo das TICs escollemos como proxecto deste ano a Idade Media, todo o colexio se engalanou e decorou para viaxar ao pasado. Nós en plástica tamén estivemos a traballar esta temática. Así fixemos cabaleiros, princesas e un castelo baseado no Castelo e o sol de Paul Klee. Mirade que bonito:

Animais na clase!

Xa para finalizar co tema dos animais. Houbo algúns que se quixeron pasar pola nosa clase: un mamífero, unha ave, un réptil e un peixe:

Animais con QR

Estes días andivemos repasando o tema de naturais que trata dos animais. Podedes repasalo aquí:

Mannequin Challenge

Como podedes ver na páxina principal no día da paz fixemos un Mannequin Challenge. Podedes ver aquí os nosos ensaios:

 

Obra de teatro Nadal

Xa podedes ver a nosa obra de teatro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut