Skip to Content

LUNS 16 DE MARZO: ACTIVIDADES AULA 3 ANOS (4º EI)

Bos días!

Para comezar o día con moita enerxía aquí vos deixo algunhas das cancións que escoitamos na nosa asamblea, así como algunhas propostas de actividades que podedes realizar nas vosas casas:

CANCIÓN "BUENOS DÍAS"

CANCIÓN "HELLO HELLO! CAN YOU CLAP YOUR HANDS?"

A nosa encargada de hoxe é ALMA!

 
Esta é a súa canción:

 

Seguimos coa canción dos días da semana:

CANCIÓN "LOS DÍAS DE LA SEMANA"

Na nosa clase o luns é o día de cor verde. Busca por casa cousas de cor verde ou fai un debuxo de algo verde.

CANCIÓN MESES DEL AÑO EN INGLÉS

CANCIÓN INVIERNO CANTAJUEGO

Hoxe déixovos esta proposta de actividade! Recortar (con axuda) trociños de papel e pegalos DENTRO do círculo. Se non tedes impresora podedes usar un CD como plantilla para debuxar o círculo.

 
Podedes xogar en familia ao xogo DENTRO-FORA (versión Coronavirus). Estamos bailando fora da alfombra, alguén di "que ven o Coronavirus" e todos temos que entrar DENTRO da alfombra (casa). Repetimos varias veces e acabamos o xogo FORA da alfombra celebrando que o Coronavirus marchou.
 
E por último, aquí tedes o enlace ao video das formas:
 
Un saúdo moi especial para todos e todas!!!


page | by Dr. Radut