ADMISIÓN ALUMNADO 2020-2021
Do día 1 ao 23 de marzo (20 de marzo online) estará aberto o prazo para presentar solicitudes de admisión en centros de ensino públicos e concertados da Consellería de Educación.
As solicitudes poden realizarse directamente sen ter que vir ao colexio, accedendo á aplicación admisionalumnado, ou cubrindo e entregando na Secretaría do colexio o Anexo II.
Convén ter en conta o seguinte:
- Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Instrucións)
- Vacantes e información resumida (circular informativa)
- Criterios de valoración a efectos de baremo
Todos estes documentos están expostos nos taboleiros de anuncios do centro.
A Consellería irá actualizando a información relativa a todo o proceso nesta ligazón.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS: LUNS 9 DE MARZO, ás 18:00 horas
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CRITERIOS VALORACIÓN 2020.pdf | 258.15 KB |
Resumo información matrícula 2020-21.pdf | 157.11 KB |
SKMBT_C284e20021911000.pdf | 100.59 KB |
2.- INSTRUCIONS DIRECCION XERAL- ADMISION CURSO 2020-21.pdf | 693.93 KB |