Skip to Content

VISITA Á DOMUS

O pasado martes, día 17, o alumnado de 5º A de Educación Primaria, realizamos unha visita á DOMUS.

Alí, ademais de visitar o museo e as súas instalacións, os nenos e nenas interactuaron nas diferentes exposicións, como por exemplo: detectar distintos olores, saber a cantidade de auga que posúe o corpo, explorar a anatomía e funcionamento das nosas neuronas, ver as diferentes partes dun corazón como se estiveramos dentro del... entre moitas outras.

Os nenos e nenas realizaron un obradoiro sobre Nutrición e Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU.

Nel, cada un deles puido convertirse nun "pequeno" chef e facer esferificacións imitando ó caviar, realizaron papiroflexia intentando facer froitas....

Foi unha experiencia moi positiva na que todos/as eles/as disfrutaron.

Aquí vos deixo un pequeno vídeo para que o poidades comprobar.



page | by Dr. Radut